images igadi jaredlarsson 20190910 1

O 28 aniversario do IGADI pensa a política exterior de Trump desde o 11S

O IGADI organiza a actividade “Do 11 S á política exterior de Trump” o martes 10 de setembro ás 19:00 na Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de Compostela, por medio da charla e debate co profesor Jared D. Larson, profesor de Relacións Internacionais da Universidade de Humboldt State, California.

Palabras chave Galicia USA internacional

O IGADI organiza a actividade “Do 11 S á política exterior de Trump” o martes 10 de setembro ás 19:00 na Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de Compostela, por medio da charla e debate co profesor Jared D. Larson, profesor de Relacións Internacionais da Universidade de Humboldt State, California.


images igadi jaredlarsson 20190910 1

A actividade enmárcase na guerra comercial dos USA coa China e a máxima tensión no proceso do Brexit, onde Trump sempre apostou forte pola saída da UE do Reino Unido, con ou sen acordo. Cómpre a súa vez lembrar o 11S e a súa influencia estrutural na política norteamericana, agora que no 2019 cumpre a súa maioría de idade histórica coa conmemoración do seu 18 aniversario.

O formato da charla procura a interacción co público e a concentración do maior tempo da actividade no debate e conversa entre as persoas participantes.

O IGADI comprácese en convidar a cidadanía de Santiago e aos seus axentes institucionais, académicos, políticos, económicos, socioculturais ou de comunicación a pensar o mundo desde aquí, acompañando o noso vixésimo oitavo aniversario, nunha actividade aberta ao público que non precisa de inscrición previa.

Será no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, o martes 10 de setembro ás 19:00.

_____________________________________________________________________________

O horario da actividade comprende de 19:00 a 21:00 como hora límite. A charla é de libre asistencia e presentadas por Daniel González Palau, Director do IGADI. Para calquer información adicional ou contacto para entrevistas pódese contactar co IGADI no enderezo electrónico info@igadi.org ou nos teléfonos; 986 843 436 ou 600309066.

_______________________________________________________________________________________

 

 

images igadi

28 anos con acento na lingua

Desde a súa fundación en 1991, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) naceu como un proxecto independente de partidos, empresas ou institucións, para construír un think tank de relacións internacionais.

 

• Durante os anos 90 promoveu a reflexión sobre a paradiplomacia galega e a cooperación internacional municipalista  galega, constituíndo xunto a 10 Concellos e a Fegamp, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no 1997. Actualmente o Fondo Galego conta con 100 municipios socios e as Deputacións de A Coruña, Pontevedra e Lugo.

• O IGADI elaborou o primeiro Libro Branco da Acción Exterior de Galicia no ano 2003 durante a Presidencia de Manuel Fraga.

• No ano 2008 o IGADI creou o proxecto -OGALUS (Observatorio Galego da Lusofonía) prestando unha atención permanente aos espazo internacional da lusofonía. No 2019 organizou o III Congreso de Estudos Internacionais “Galicia e a Lusofonía diante dos desafíos globais” na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

• O IGADI fai parte como entidade experta do Consello Galego de Acción Exterior da Xunta de Galicia desde desde a súa creación en 2010.

• O IGADI é unha entidade de recoñecido prestixio no ámbito dos estudos chinos, impulsando o Observatorio de la Política China en colaboración con Casa Asia. No ano 2018 Xulio Ríos, fundador e Presidente de Honra da entidade gañou o premio Cátedra China.

• Na Estratexia Galega de Acción Exterior impulsada pola Xunta de Galicia e en funcionamento desde o pasado 1 de marzo de 2018 cítase textualmente ao IGADI como un actor chave para a acción exterior de Galicia en Asia e China.

• O IGADI elaborou durante o último mandato municipal 2015-2019 os estudos de Bases de Acción Exterior dos Concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Lugo. O 21 de marzo de 2019 o Pleno do Concello da Coruña aprobou por unanimidade de todos os grupos a declaración institucional “A Coruña no mundo global do S.XXI” en apoio ao documento.

• Entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de abril de 2020 o IGADI executará o proxecto “O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente” froito da convocatoria de proxectos da Xunta de Galicia –O Teu Xacobeo.