IGADI 3a edicion das Xornadas Ferrol no mundo do seculo XXI Galicia e China no dialogo Oriente Occidente xeral

O 29 de outubro chega a 3ª edición das Xornadas “Ferrol no mundo do século XXI: Galicia e China no diálogo Oriente-Occidente”

As Xornadas concebíronse no marco do Convenio entre a Universidade da Coruña e o IGADI e os Plans anuais de traballo co Campus Industrial de Ferrol. A iniciativa ten o apoio tamén de Casa Asia (consorcio público liderado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación de España). Desenvolveranse no Salón de Graos da Facultade de Humanidades o mércores 29 de outubro entre as 16:30 e as 20h.

As Xornadas deste 2025, centradas nas relacións de Galicia e China no contexto ibérico e as relacións UE-China no marco xeral, resultan de especial actualidade para o tecido institucional, económico e sociocultural de Ferrol, así como do conxunto de Galicia.

Son abertas a toda a cidadanía, mais nesta ocasión serven tamén de clausura da 2ª edición do curso Curso “China no horizonte do S.XXI: Cultura, Sociedade e Política internacional”, no que participan 25 persoas ao longo das tres primeiras semanas do mes de outubro.

A entrada é gratuíta e aberta, agradecéndose a inscrición previa no seguinte formulario.

Para máis información, poden consultar no enderezo electrónico info@igadi.gal

Programa

16:30 – Sesión inaugural

Presenta: Tino Santiago, xornalista e Xunta Directiva do IGADI.

Interveñen:

  • Ana Isabel Ares, Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da Universidade da Coruña.
  • José Manuel Rey Varela, Alcalde de Ferrol.
  • Manuela del Pilar Santos, Decana da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña.
  • Martina Aneiros, Delegada da Xunta de Galicia en Ferrol.
  • José Pintor Aguilar, Director de Casa Asia (intervención en liña).

17:00 – 1ª sesión: As relacións UE-China: oportunidades e desafíos desde España e Portugal

Presenta: Daniel González Palau, Director do IGADI

Interveñen:

  • Miguel Otero, investigador principal do Real Instituto Elcano (España).
  • Carmen Mendes, presidenta do Centro Científico e Cultural de Macau (Portugal).

18:15 – 2ª sesión: China e Galicia: oportunidades e desafíos das relacións económicas

Presenta: Diego Sande, profesor de Economía da Universidade de Santiago de Compostela, Director do Diploma de Especialización en Economía e Política China da USC e coordenador da Liña de investigación en Economía do IGADI.

Interveñen:

  • Covadonga Toca, Directora xeral do IGAPE.
  • Xoán Martínez, CEO de Kaleido Ideas & Logistics.
  • Antonio Llago, CEO de GABADI.

19:45 – Sesión de Conclusións

Daniel González Palau, Director do IGADI e Christoph Schreinmoser, Profesor de Dereito Internacional da Universidade da Coruña e coordinador do IGADI no Campus de Ferrol.