O Concello de Pontevedra e o Igadi organizan unha Xornada formativa arredor da Misión institucional-comercial a México

Palabras chave Galicia México Pontevedra

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) e o Concello de Pontevedra, organizan unha Xornada formativa o xoves 6 de xullo no marco da misión institucional-comercial que o Concello está a promover para finais de agosto a Cidade de México, e para o que xa están confirmadas dez empresas e entidades públicas.

A Xornada realizarase na Casa da Luz, na Praza da Verdura de Pontevedra. 

17:30 Benvida institucional e presentación da Xornada, por Anabel Gulías, Concelleira de Urbanismo, Promoción económica, Emprego e Turismo.

17:40 Mesa redonda: “Galicia-México; relacións comerciais e testemuñas directas da internacionalización” presentada por Daniel González Palau, do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi).

- Óscar Rodil, Profesor-Doutor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.

- Senén Ferreiro, Director de VALORA Consultores.

- Paulo Casal, Director de inversión de FLORENTINO en México e Director Editorial Xeral do Grupo Sii Comunicaciones.

- Sergio Prieto, Director Territorial de Comercio e ICEX en Galicia (Secretaría de Estado de Comercio).

18:45 Café

19:00 “Cidade de México: aproximación xeral, oportunidades e claves”, por Ana Sainas, da Consellaría Comercial da Embaixada de México en España.

19:30 Coloquio

20:30 Despedida