O IGADI ven de ser admitido polo Consello Latinoamericano de Ciencias Sociais (CLACSO) como centro asociado da súa rede, maior no seu campo de América Latina e o Caribe, que actúa a nivel global. A decisión foi tomada recentemente polo seu Comité Directivo, reunido en Medellín, Colombia.

A participación nesta rede habilita ao IGADI para participar nas diversas actividades e programas académicos promovidos polo Consello. Ademais, abre canles específicas para facilitar a divulgación das publicacións do IGADI na Biblioteca Virtual da CLACOS, unha das maiores do mundo con máis dun millón de descargas mensuais, e a través da Libraría Latinoamericana e Caribeña de Ciencias Sociais.
O IGADI intégrase tamén na Rede de Posgrados e de cursos virtuais que ofrece o Consello.
O IGADI valora moi positivamente esta inclusión que confía resultará sumamente enriquecedora para a renovación do pensamento social a nivel mundial.