CONVOCATORIA BOLSAS HUAYU 2016, OFICINA ECONÓMICA Y CULTURAL DE TAIPEI - MADRID, ESPAÑA.
A Oficina Económica e Cultural de Taipei en España (OECT), en virtude dun convenio de cooperación entre a Academia de Taiwán e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), comprace en informar da apertura de convocatoria aos interesados en cursar DÚAS (2) bolsas Huayu 2016 para a aprendizaxe do idioma chinés mandarín, dividida en dous períodos: unha (1) dun ANO de duración e outra de SEIS (6) MESES, na República de China (Taiwán).
CONVOCATORIA BOLSAS HUAYU 2016, OFICINA ECONÓMICA Y CULTURAL DE TAIPEI - MADRID, ESPAÑA.
A Oficina Económica e Cultural de Taipei en España (OECT), en virtude dun convenio de cooperación entre a Academia de Taiwán e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), comprace en informar da apertura de convocatoria aos interesados en cursar DÚAS (2) bolsas Huayu 2016 para a aprendizaxe do idioma chinés mandarín, dividida en dous períodos: unha (1) dun ANO de duración e outra de SEIS (6) MESES, na República de China (Taiwán).
As bolsas concederanse a persoas maiores de idade (18 anos), con nivel mínimo de Bacharelato e de nacionalidade española.
Descrición da Bolsa:
(1) Asignación de cotas:
DÚAS (2) bolsas, divididas nunha dun (1) ANO e outra de SEIS (6) meses, en períodos comprendidos entre:
Unha bolsa dun (1) ANO de duración, no período comprendido desde o 1º de setembro de 2016 ata o 31 de agosto de 2017.
Unha bolsa de SEIS (6) MESES de duración, no período comprendido desde o 1º de setembro de 2016 ata o 28 de febreiro de 2017.
(2) Manutención mensual: NT$ 25.000 (695 euros aproximadamente)
As universidades nas que estudan os bolseiros concederán esta cantidade cada mes, dependendo da asistencia e da cualificación dos bolseiros durante os cursos.
Tanto o billete de ida e volta de avión como outros gastos durante o período da bolsa, tales como o aloxamento, a comida, o transporte e o seguro, correrán a cargo dos propios bolseiros. Os bolseiros, a partir do quinto mes da obtención do seu Carné de Residencia, poden e deben afiliarse ao Seguro Nacional de Saúde Pública.
Condición Esencial:
Esta convocatoria NON está dirixida aos estudantes españois que cursaron carreiras universitarias en Taiwán,
NIN aos que estudan actualmente en Taiwán da mesma categoría,
NIN aos ex beneficiarios das Bolsas de TAIWÁN e HUAYU auspiciadas polo Ministerio de Educación da República de China (Taiwán)
NIN aos estudantes de intercambio de 2016/2017 dalgún convenio académico e programas de intercambio con algún centro docente de Taiwán,
NIN aos beneficiarios de calquera modalidade de bolsas oficiais ou universitarios de Taiwán 2016/2017,
NIN aos cidadáns que posúen a nacionalidade da República de China (Taiwán)
Requisitos Necesarios para a Solicitude:
Formulario de Solicitude (como anexo)
Fotocopia de pasaporte ou carné de identidade.
Currículum Vitae
Fotocopias da titulación máis alta que se posúa e da certificación académica persoal correspondente do período académico.
Dúas (2) cartas de recomendación.
*As solicitudes con título da Proba de Competencia en Chinés-Mandarín (TOCFL, mínimo Nivel 2) serán tidas en conta favorablemente.
Apertura de Concurso: Do 1º de febreiro ao 31 de marzo de 2016.
Recibiranse SOAMENTE solicitudes (con documentos na ORDE precitada) dos interesados vía CORREO POSTAL, con data de envío anterior ao 1º de abril de 2016, ao seguinte enderezo:
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI)
Attn. Convocatoria de Bolsa Huayu 2016
Centro Cívico Sur
Rúa Luís Braille, 40
36003 Pontevedra
Tlf: 986 84 34 36
Baremo de Puntuación: Divídese nas seguintes DÚAS (2) fases:
PRIMEIRA Selección (70%): Avaliación da documentación presentada.
SEGUNDA Selección (30%): Entrevista co Xurado de Selección.
Calendario Administrativo de Selección:
Publícase a listaxe dos preseleccionados na PRIMEIRA Selección antes do 30 de abril de 2016.
A entrevista terá lugar na Oficina Económica e Cultural de Taipei en Madrid (OECT) antes do 20 de maio de 2016. Cada preseleccionado recibirá individualmente aviso previo da OECT antes do 5 de maio de 2016. Os que NON se presenten na data e hora citada, perderán a súa precandidatura.
Oficina Económica e Cultural de Taipei en España (OECT)
Attn. Convocatoria de Beca Huayu 2016
C/Rosario Pino, Nº 14-16, 18 Dcha.
28020 Madrid
Tlf: 91 571 84 26Publicarase a resolución dos DOUS (2) bolseiros e dos SEIS (6) suplentes da Bolsa na páxina web do IGADI despois do día 20 de maio de 2016.
En caso de que sexa seleccionado/a como candidato/a, o interesado deberá contactar cun dos centros de Ensino do idioma chinés de Taiwán (listaxe engadida), solicitando o Certificado de Admisión e, posteriormente, deberá presentar dita admisión na OECT antes do día 15 de xuño de 2016 para completar o proceso. Aquel que NON cumpra co citado trámite, perderá a súa precandidatura, e será substituído/a polos suplentes por orde.
Outorgamento do Certificado de Bolsa:
A OECT concederá un Certificado de Bolsa aos bolseiros o 31 de xullo de 2016.
Anulación:
Se houbese irregularidade en calquera documento presentado para o concurso de selección, perderase a cualidade de candidato/a.
Para máis información da Normativa da BOLSA DE HUAYU, visite a páxina web do Ministerio de Educación da República de China (Taiwán) (https://taiwanscholarship.moe.gov.tw/web/engb02-03.aspx)
Axuda por correo electrónico: Se precisa axuda para resolver dúbidas ou preguntas de carácter xeral desta convocatoria, pode usar o seguinte correo electrónico, escriba a mensaxe sen engadir arquivos e a resposta darase o antes posible.