A publicación “España-China: Asociación estratégica para el conocimiento mutuo” coordinada por Daniel González Palau e Raquel Isamara León de la Rosa, analiza como os actores subestatais se converteron en actores cada vez máis relevantes da relación bilateral, sendo axentes tractores e estruturais da mesma. A obra analiza o impacto da Asociación Estratéxica Integral España-China desde o 2005, así como a actualidade do Plan de Acción España-China 2025-2028, que busca elevar a relación bilateral tras décadas de amizade e crecemento exponencial.
O informe, que conta con destacadas analistas, ofrece unha visión panorámica xeral da cooperación descentralizada entre China e España, ademais de estudos de caso de comunidades como Cataluña e Navarra. Ademáis, distintos artigos achéganse ás pontes que xeran as conexións universitarias, os think tanks ou a sociedade civil. Finalmente, a publicación explora as potencialidades da triangulación co mundo iberoamericano, incorporando estudos de caso sobre a cooperación descentralizada entre México e China ou Brasil e China, así como o papel de Macau.
A publicación pode descargarse de balde desde a seguinte ligazón.
O proxecto “España-China: Asociación estratégica para el conocimiento mutuo” conta co apoio da Convocatoria 2025 de subvencións en materia de Prioridades da Política Exterior española da Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e Globais, do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España.
