acorunha hub

O IGADI presenta a 2ª edición das Xornadas “A Coruña global no mundo do S.XXI” a celebrarse o 23, 24 e 25 de novembro


As Xornadas contarán coa participación de representantes do Ministerio de Exteriores, Casa Asia, Xunta de Galicia e o Concello da Coruña, así como da Universidade da Coruña, a Autoridade Portuaria, a Asociación de Empresarias de Pocomaco e especialistas da Rede de investigadoras asociadas do IGADI.

O programa das Xornadas así coma o conxunto de actividades do Convenio 2022 Concello da Coruña-IGADI pódese consultar na web acoruna.hub.gal

A entrada é libre e gratuita, sendo obrigatoria a inscrición para as persoas que desexen obter o certificado de participación emitido polo IGADI.

As Xornadas celebraranse no Centro Universitario de Riazor (UdC), mércores 23, xoves 24 e venres 25 de novembro entre as 18:30 e a 20:30. O obxectivo é posicionar A Coruña como unha capital atlántica europea e explorar as oportunidades da cidade no marco da acción exterior galega, española e europea, como cidade global intermedia comprometida coa Axenda 2030 e os desafíos de época que afrontamos.

As actividades do Convenio 2022 Concello da Coruña-IGADI contextualízase no marco do traballo histórico do IGADI (1991-2022) en relación á acción exterior de Galicia e especificamente ao traballo desenvolvido desde o ano 2018 co Concello da Coruña para a ordenación da acción exterior da cidade. Nese proceso no ano 2018 o IGADI redactou o documento “Bases de Acción Exterior da cidade da Coruña” e posteriormente impulsou a Declaración institucional “A Coruña no mundo global do S.XXI” que o Pleno do Concello aprobou por unanimidade en febreiro do ano 2019.

Cómpre indicar finalmente que o venres 25 de novembro presentaranse os avances do Mapa de cidade global intermedia, no que actualmente traballa o equipo do IGADI. Unha nova cartografía pensada para as visitantes internacionais da Coruña que pon o foco nos activos do territorio ligados a súa conectividade global, tanto de espazos como de actores, procurando outra maneira de pensar o territorio para identificar as súas autoestradas internacionais, históricas e presentes, facéndoo máis atractivo.

Visita acoruna.hub.gal, inscríbete e participa no mundo do futuro, que xa é hoxe!

Para calquera información complementaria, ou xestión de entrevistas, pódense poñer en contacto co IGADI no teléfono 600309066 e no correo electrónico info@igadi.gal

Pode ver as intervencións da 1ª edición de "A Coruña no mundo global do S.XXI", realizada durante a segunda onda da pandemia en outubro do ano 2020, que tiveron como obxectivo central a identificación dun relato coral da historia e perfil internacional da cidade