temex51capa

O Tempo Exterior 51 céntrase na diplomacia das diásporas no S.XXI desde unha perspectiva global

O novo número da publicación académica do IGADI foi coordenado por Camelia Tigau, investigadora do Centro de Investigacións sobre América do Norte, da Universidad Nacional Autónoma de México. O número 51 continúa os avances do portal Open Journal System do Tempo Exterior, que renovou a súa imaxe gráfica no ano 2025, coincidindo co número 50 da publicación histórica do IGADI.

O segundo número semestral do 2025 (xullo-decembro 202) presenta unha Monografía central adicada a dúas crises políticas e epistémicas de actualidade: a da diplomacia e a da gobernanza migratoria actual. Neste marco, achéganse ademais da Editorial da coordenadora do número, seis artigos centrados en escenarios das Américas, analisando o debate das diásporas como actores diplomáticos alternativos, que cooperan con estados, organizacións internacionais, o mundo académico, ONG´s e responsables da política migratoria, entre moitos outros.

Ademais dos seis artigos que conforman o monográfico, Tempo Exterior 51 ofrece tamén:

  • Dous artigos na sección de -Miscelanea, un arredor da -Diplomacia cultural e a imaxe de España nos países de lingua portuguesa, e outro arredor da -Securitización da (in)migración en América Latina.
  • Un repaso ás relacións UE-Celac, co ollo posto no Cumio de novembro en Colombia, na sección -Eurolatam, resultado do convenio de colaboración coa Fundación Carolina.
  • Na sección, –Notas de investigación, sección destinada a investigadoras noveis, o artigo “Vixilancia intelixente baseada en IA versus resistencia civil: un estudo do caso serbio”
  • A tradicional sección de recensións de –Libros, que pecha o número.

O novo portal consolida a vocación de Tempo Exterior como espazo académico chamado a conectar Galicia co mundo arredor dos grandes desafíos internacionais, ao tempo que se alinea cos estándares da edición científica en acceso aberto.

Descarrega aquí gratuitamente o número 51 do Tempo Exterior. Se queres subscribirte e ter o teu exemplar físico escribe a info@igadi.gal.

O número conta co apoio publicitario do Concello de Pontevedra e a colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.