Prácticas no IGADI

CONVOCATORIA POLA QUE SE OFERTA UNHA PRAZA PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS NO INSTITUTO GALEGO DE ANÁLISE E DOCUMENTACIÓN INTERNACIONAL

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

O INSTITUTO GALEGO DE ANÁLISE E DOCUMENTACIÓN INTERNACIONAL, www.igadi.org, convoca unha praza para a realización de prácticas formativas e non retribuídas.  

A devandita formación práctica terá como obxectivo afondar no coñecemento directo do funcionamento da actividade do centro e as súas principais áreas de traballo, tanto relacionadas coa investigación como coa xestión.

2. DURACIÓN

A duración das prácticas será de tres meses. Poderá ampliarse de mutuo acordo.

3. REQUISITOS DOS ASPIRANTES

As prácticas están dirixidas a persoas interesadas nas relacións internacionais, preferentemente con experiencia nalgún dos seus ámbitos.

4. SOLICITUDES

A solicitude de praza farase por escrito a info@igadi.org, achegando carta de motivación e CV.

5. PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

As solicitudes poderán presentarse do 11 ata o día 30 de setembro de 2015 (ámbolos dous inclusive).

6. NOTIFICACIÓNS DOS ACTOS DERIVADOS DA PRESENTE CONVOCATORIA 

Efectuaranse a través de correo electrónico.

7. ADMISIÓN

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase na web do IGADI a relación provisoria de aspirantes admitidos e excluídos.

8. SELECCIÓN

No proceso de asignación das prácticas garantiranse os principios de publicidade, igualdade, obxectividade e mérito dos aspirantes.

9. CERTIFICACIÓN

O IGADI expedirá unha certificación ao remate das prácticas onde se fará constar a avaliación correspondente.

10. RELACIÓN

As prácticas non terán en ningún caso carácter laboral nin a consideración de contrato en prácticas, aprendizaxe, tempo parcial ou calquera outra modalidade existente.

IGADI, 11 de setembro de 2015