images capa iar1718

Presentamos o IGADI Annual Report 2017-2018, informe de política e relacións internacionais dende Galicia

 

images capa iar1718

 

Xa está dispoñible o noso informe anual IGADI Annual Report 2017-2018 que, baixo o título "A Mundialización en cuestión. Proteccionismo vs Globalización: un dilema económico e xeopolítico", reflexiona sobre o pulso hexemónico principalmente existente entre EUA baixo a administración de Donald Trump e o cada vez maior peso emerxente da China de Xi Jinping, sen menoscabar a ascendente presenza de Rusia na contorna internacional. Un pulso hexemónico que descifra igualmente a confrontación de diversas visións sobre a mundialización e a globalización, os seus respectivos impactos económico e xeopolítico e os síntomas dun mundo en transición, tal e como se verificou cos cambios políticos en escenarios como África e América Latina.

O IGADI Annual Report 2017-2018 mantén a súa estrutura tradicional de análise sobre as principais Chaves da política internacional en 2017, as Perspectivas 2018, Reflexións por áreas xeográficas, Reflexións Transversais e os Personaxes de 2017. Como en edicións anteriores, este informe conta coa colaboración dos nosos diversos analistas, destacando neste sentido a Alfredo Toro Hardy, Alexandre Rey Parrado, David Alvarado, Daniel Gomá, Jared D. Larson, José Abu Tarbush, Marola Padín, Roberto Montoya e Yuri Fraccaroli. O IGADI Annual Report 2017-2018 foi coordenador por Roberto Mansilla.

Neste enlace podes acceder ao IAR 2017-2018

Se queres colaborar co IGADI escribe a info@igadi.org ou subscríbete a nosa revista semestral Tempo Exterior