opch estudios chinos iberoamerica

Presentamos “Os estudos chinos en Iberoamérica no século XXI” o próximo 15 de xullo

A publicación reúne as achegas de especialistas de distintos países iberoamericanos para analizar a evolución e as perspectivas da investigación sobre China na rexión, así como as posibilidades de triangulación entre América Latina, China e Europa. A edición da obra foi coordinada por Raquel Isamara León de la Rosa, directora do Observatorio da Política Chinesa, e Xulio Ríos, presidente de honra do IGADI e asesor emérito do Observatorio da Política Chinesa.
Palabras chave China Iberoamérica

O próximo mércores 15 de xullo, ás 17:00 horas en Galicia-España (9:00 h en México), celebrarase a presentación do volume nunha sesión en liña a través de Zoom. O acto contará coa participación en directo de Raquel Isamara León de la Rosa e Francisco Haro, asesor emérito do Observatorio da Política Chinesa, quen conversarán con Daniel González Palau e co público asistente sobre os principais contidos e achegas da obra.

Para asistir á presentación é necesario rexistrarse previamente a través da seguinte ligazón.

O libro, editado polo Observatorio da Política Chinesa coa colaboración da Asociación Venezolana de Estudos sobre China, pode descargarse gratuitamente na seguinte ligazón.