Nun contexto global de incerteza, marcado pola fragmentación xeopolítica e a crecente competencia entre grandes potencias, o Informe reflexiona sobre o estado actual e o futuro da Acción Exterior de Galicia. Para esta misión, nesta edición número 17, convidamos á participación das entidades presentes no Consello Galego de Acción Exterior e no Observatorio da Lusofonía Paz Andrade, órgaos consultivos da Xunta de Galicia presentes na Lei 10/2021, de 9 de marzo de Acción Exterior de Galicia e cooperación ao desenvolvemento.
Desta maneira, no Informe Nós No Mundo 25-26, contamos con análises desde a Confederación de Empresarios de Galicia, a Real Academia Galega, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, ou entidades como Ponte nas Ondas, a AGAL ou Docentes de Portugués na Galiza, con status de observadores consultivos na UNESCO e na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
O volume inclúe tamén achegas de investigadores asociados do IGADI e dúas reflexións estratéxicas asinadas polo director do IGADI, Christoph Schreinmoser, e polo fundador e presidente de honra, Xulio Ríos.
O IGADI agradece especialmente a colaboración das persoas e entidades participantes e o apoio continuado da Secretaría Xeral da Lingua durante estes 17 anos.
Podes descarregar o Informe Nós No Mundo 25-26 desde esta ligazón, así como consultar o histórico do Informe Nós No Mundo aquí.
