A visita inclúe encontros con representantes da Xunta de Galicia, as tres universidades galegas e representantes institucionais dos Concellos de Pontevedra, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela, así como a celebración dunha serie de Obradoiros abertos ao público, que profundizarán nas relacións históricas e contemporáneas entre a Galicia, Portugal, a lusofonía e a China.
Os Obradoiros, de participación aberta mediante inscrición (por medio do seguinte formulario), serán espazos de diálogo entre académicos, estudantes e profesionais interesados na proxección internacional galega e na cooperación UE-China-lusofonía.
As sesións desenvolveranse segundo o seguinte calendario:
- Luns 27 de outubro, Pontevedra (18:30 h): What’s IGADI? (Sede central do IGADI-Centro Cívico Sur, Pontevedra)
- Martes 28 de outubro, A Coruña (17:00 h): Da Lei Paz Andrade ás relacións da Galicia e España coa lusofonía: o caso Macau. (Facultade de Dereito, Universidade da Coruña)
- Mércores 29 de outubro, Ferrol (12:30 h): Chibérica?: As relacións de Portugal e España coa China. (Facultade de Humanidades, Campus Industrial de Ferrol). Tamén nese día, entre as 16:30 e as 20h, a delegación participará nas III Xornadas “Ferrol no mundo do S.XXI: Galicia e China no diálogo Oriente-Occidente”.
- Xoves 30 de outubro, Santiago de Compostela (17:00 h): A UE e a China no S. XXI: a Eurorexión Galicia–Norte de Portugal e Macau. (Paraninfo Facultade de Historia, Universidade de Santiago de Compostela)
- Venres 31 de outubro en Vigo (12:30), Mesa redonda sobre dinámicas de cooperación e redes euro-asiáticas, xunto con axentes institucionais, económicos e sociais galegos. (Centro Camoes de Vigo)
Esta visita constitúe unha oportunidade para visibilizar o papel de Galicia como ponte atlántica e lusófona, así como para estimular a cooperación con Portugal e a lusofonía, para mellorar a conexión académico, cultural e económico con Asia desde a UE.
