O número 49 da revista semestral do IGADI dalle continuidade a Xornada “Gobernos rexionais e locais: tecendo relacións na escena internacional”, organizada en abril do 2024 polo Grupo de Diplomacias Plurais da Asociación Española de Ciencia Política, na Facultade de Dirección e Xestión pública do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.
Os artigos seleccionados achéganse á historia, actualidade e evolución da Acción Exterior dos gobernos subestatais, consolidada especificamente desde as Lei 2014 e 2015 da Acción Exterior española e o Servizo Exterior. Ademais dos cinco artigos da monografía, chegados desde Euskadi, Extremadura, Galicia e Portugal, o Tempo Exterior 48 conta cunha sección de Miscelánea arredor da experiencia de Taiwán coas políticas de innovación e unha achega centrada na diagnose e horizontes da tríada de relacións China-UE-Latam.
Nas Notas de Investigación, Marta Caramés realiza unha aproximación panorámica á acción exterior das comunidades autónomas españolas, nunha perspectiva comparada que completa o monográfico central achegándose ao impacto xeral das Lei 2014 e 2015 da Acción Exterior española e o Servizo Exterior. Finalmente a sección de Libros pecha o número con dúas interesantes propostas.
Co Tempo Exterior 49, a revista continúa a súa cuarta etapa histórica, baixo a dirección do profesor da Universidade de Vigo Celso Cancela, un Consello de Redacción composto por profesores das tres Universidades galegas e un Consello Científico composto por investigadores de 12 países de Europa, América e Asia.
O número conta co apoio publicitario do Concello de Pontevedra, o Concello de Santiago de Compostela e a colaboración da SX de Política Linguística da Xunta de Galicia.