O 21 de decembro do ano 2020 Casa Asia fixo pública a resolución dos seus últimos Premios, os máis importantes no ámbito das relacións da lingua española con Asia. Despois do fin de estado de alarma pola crise sanitaria global, o próximo luns día 7 de xuño entregaranse coincidindo co acto de conmemoración do 20 aniversario da institución, coa presenza, entre outras personalidades, da Ministra de Exteriores ou a Alcaldesa de Barcelona. Poderase seguir en liña desde as 13:00 na canle de Youtube de Casa Asia.

O fundador e Presidente de Honra do IGADI, Xulio Ríos, moañés e afincado en Baiona, foi distinguido na categoría de Cultura e Sociedade polo seu traballo na divulgación da realidade chinesa ao longo da súa carreira profesional e como director do Observatorio de Política China e do IGADI. Xulio Ríos xa foi distinguido no ano 2019 co Premio Cátedra China polo seu papel de impulso nos estudos de sinoloxía en España, Europa e América Latina. A súa última obra dispoñible en galego é "A metamorfose do comunismo na China" unha historia do Partido Comunista de China no ano do seu centenario (Kalandraka 2021).
Os premios, que se concederon por primeira ocasión no ano 2004, teñen o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo de persoas e entidades, tanto públicas como privadas, que destacaron polo seu traballo nos ámbitos económico, social, educativo, cultural ou de cooperación ao desenvolvemento, promovendo a dignidade e os dereitos humanos con Asia.
Cómpre orgullarnos e celebrar esta merecida distinción, así coma lembrar e poñer en valor o maxisterio do Xulio Ríos, que creou unha escola de estudos internacionais en Galicia: desde a promoción da acción exterior galega ou a normalización do galego para a análise das relacións internacionais, a creación e institucionalización do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ou a reivindicación da figura de Plácido Castro, por destacar algúns fitos da súa vasta obra. O IGADI, que fundou, cumprirá o 10 de setembro de 2021, 30 anos de vida.