A 3ª edición de “A Unión Europea desde unha perspectiva Glocal” explora o Futuro: goberno multinivel, autonomía estratéxica e relacións con Iberoamérica
A 3ª edición de “A Unión Europea desde unha perspectiva Glocal” desenvólvese entre agosto e setembro do 2026, finalizando coa emisión dun programa de tres horas na IGADI TV baixo o título, “O futuro”. Retrasnmitirase en directo o martes 29 de setembro do 2026, entre as 17h e as 20h. O proxecto realízase grazas á Convocatoria para a celebración de accións de comunicación e actividades divulgativas 2026 da Secretaría de Estado da Unión Europea (Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación). Tes toda a información do proxecto na web ueglocal.hub.gal









