Noticias

As novas dan conta das actividades máis destacadas do IGADI, como o lanzamentos das nosas publicacións, o inicio dalgún proxecto, a participación nalgunha actividade concreta, etc.

ciclo conferencias estudos europeus.392x0 is pid2428350

O Observatorio Galego da Lusofonía do IGADI participa no Ciclo de Estudos Europeus da Universidade de Coimbra o 2 de decembro

O OGALUS, nacido no 2008, como proxecto estratéxico do IGADI, acumula ducias de análises, publicacións e actividades académicas e divulgativas variadas, conectando a Galicia aos países e territorios de lingua oficial portuguesa.

O Observatorio Galego da Lusofonía do IGADI participa no Ciclo de Estudos Europeus da Universidade de Coimbra o 2 de decembro Ler máis »

pt Visita CCCM Galicia 1 1

Visita do Centro Científico e Cultural de Macau a Galicia: unha semana de diálogo e cooperación con Portugal e a lusofonía pensando en China

Do 27 ao 31 de outubro de 2025, unha delegación do Centro Científico e Cultural de Macau (CCCM) desenvolverá unha intensa axenda de traballo en diferentes cidades galegas —Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo— para fortalecer os lazos institucionais, académicos, económicos e culturais entre a Galicia e Portugal. As actividades enmárcanse dentro dun proxecto de mobilidades do Erasmus+. Colaboran desinteresadamente coas actividades ducias de persoas e entidades de Galicia.

Visita do Centro Científico e Cultural de Macau a Galicia: unha semana de diálogo e cooperación con Portugal e a lusofonía pensando en China Ler máis »

IGADI 3a edicion das Xornadas Ferrol no mundo do seculo XXI Galicia e China no dialogo Oriente Occidente xeral

O 29 de outubro chega a 3ª edición das Xornadas “Ferrol no mundo do século XXI: Galicia e China no diálogo Oriente-Occidente”

As Xornadas concebíronse no marco do Convenio entre a Universidade da Coruña e o IGADI e os Plans anuais de traballo co Campus Industrial de Ferrol. A iniciativa ten o apoio tamén de Casa Asia (consorcio público liderado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación de España). Desenvolveranse no Salón de Graos da Facultade de Humanidades o mércores 29 de outubro entre as 16:30 e as 20h.

O 29 de outubro chega a 3ª edición das Xornadas “Ferrol no mundo do século XXI: Galicia e China no diálogo Oriente-Occidente” Ler máis »

Seminario ALADAA – OPCh/IGADI: Innovación e cooperación tecnolóxica UE-China-Latinoamérica

Inscríbase no Seminario ALADAA – OPCh/IGADI: Innovación e cooperación tecnolóxica UE-China-Latinoamérica

Os días martes 7 e xoves 9 de outubro de 2025, de 17h a 18h (hora de España), celebrarase en formato en liña o Seminario ALADAA – OPCh/IGADI, centrado na cooperación tecnolóxica entre a Unión Europea, China e América Latina.

Inscríbase no Seminario ALADAA – OPCh/IGADI: Innovación e cooperación tecnolóxica UE-China-Latinoamérica Ler máis »

Cartel xeral UE Glocal2a edicion

Inscríbete na 2ª edición da Unión Europea Glocal e participa no programa da IGADI TV

O IGADI pon en marcha a segunda edición do proxecto “A Unión Europea desde unha perspectiva Glocal”, que ofrece un Ciclo de Conferencias en formato programa de TV online, con cinco episodios de unha hora de duración cada un. As persoas inscritas recibirán un certificado de asistencia de 5 horas emitido pola UNED Pontevedra. Ademais, editarase unha publicación final en castelán, portugués e inglés coas conclusións do ciclo.

Inscríbete na 2ª edición da Unión Europea Glocal e participa no programa da IGADI TV Ler máis »

politicachina rrss

O IGADI presenta a nova web do Observatorio da Política China (OPCh)

O Observatorio da Política China (OPCh), creado en 2004 polo IGADI co apoio de Casa Asia, é hoxe un referente internacional para comprender a realidade chinesa en lingua española. A nova web dá un paso adiante e ofrece unha estrutura moderna e multidimensional que facilita o acceso a contidos actualizados sobre a política chinesa.

O IGADI presenta a nova web do Observatorio da Política China (OPCh) Ler máis »

IGADI - 2º Maratón de Galeguidades

O Maratón de Galeguidades celebra a súa 2ª edición para conectar Galicia coa súa diáspora o 24 de xullo

O vindeiro 24 de xullo de 2025, entre as 8:30 e as 19:30, desenvolverase a segunda edición do Maratón de Galeguidades, un evento impulsado pola Deputación da Coruña que busca reforzar os lazos entre Galicia e a súa diáspora a través dun programa televisivo por internet.

O Maratón de Galeguidades celebra a súa 2ª edición para conectar Galicia coa súa diáspora o 24 de xullo Ler máis »