Leer el artículo en castellanoProgramas de InvestigaciónVolver a TitularesVolver a Programas de Investigación
Seguridade, Conflitos e Pacificación
 
 

1. Obxectivos e plan xeral de traballo

O estudo e investigación sobre os conflitos e as súas repercusións na seguridade e pacificación mundiais cobra unha maior relevancia tralo fin da "guerra fría" en 1991 e, principalmente, cos atentados terroristas do 11-S de 2001 en EEUU e as súas posteriores consecuencias. Intervencións militares en Afganistán e Iraq e atentados terroristas a nivel global (Bali, Estambul, Madrid e Londres) contribúen a reforzar esta relevancia no estudo dos conflitos. Neste sentido, resulta imperativo distinguir a natureza dos conflitos a estudar, algúns deles non necesariamente vencellados á percepción actual que os inclúe na dinámica do terrorismo internacional. Do mesmo xeito, convén resaltar a vixencia de outros conflitos que, se ben non ocupan a atención da opinión pública, non deixan de constituír problemas para a seguridade e estabilidade internacional.

Neste sentido, o programa de investigación "Seguridade, Conflitos e Pacificación" concibido dende o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, aspira a contribuír na análise e profundización desta temática. A estrutura do mesmo consta dun Director, un Coordinador Executivo e os diferentes membros, entre quen se espera incluír a habituais colaboradores e tamén a outras persoas do ámbito profesional e académico, que estean interesados en integrarse, establecendo un marco de participación plural e internacional.

O programa actual aspira a constituír un foro de debate e reflexión que permita ter espazo público social e comunicativo. Para ilo, se establecerán os seus eixes orientadores, as propostas de investigación a realizar e unha dinámica específica de actividades, tanto restrinxidas como de vocación pública. En cada Programa se desenvolverán catro planos de actuación: información e debate sobre os aspectos mais destacables da xestión do IGADI nese campo, a reflexión creativa sobre a liña de traballo, propostas de orientación estratéxica e actividades de intercambio de experiencias e de implicación social.


2. Temática e escenarios tentativos de conflito

Teoría do conflito
Conceptos; violencia e inestabilidade no sistema internacional; cualificación de "Estados fallado". Os "conflitos periféricos" e "esquecidos".

Oriente Medio
Palestina, Israel, Iraq.

Asia Central
Afganistán, repúblicas ex soviéticas, avance do islamismo.

Cáucaso
Chechenia, Xeorxia, Armenia-Acerbaixán (Nagorno-Karabakh), Cáucaso ruso, xeopolítica enerxética.

Sáhara occidental
Marrocos, Arxelia.

América Latina
Colombia (guerrilla, narcotráfico), Bolivia-Ecuador (indixenismo), Haití, Centroamérica (pobreza, crime organizado).

Curdistán
Turquía, Iraq.

Sureste de Asia
Sri Lanka, Indonesia-Timor Oriental, avance del integrismo islamita.

Cachemira
India y Paquistán, armamento nuclear, integrismo.

Balcáns
Cósova, Macedonia.

África subsahariana
Sudán, Cotê de Ivôire, Congo, Somalia.

Crisis nuclear
Irán, Corea do Norte, proliferación nuclear.

Terrorismo e seguridade internacional
Al Qaeda, jihadismo internacional.

Xenocidios
Perspectiva histórica e influencia na xustiza internacional: Ruanda, Bosnia-Hercegovina; relación Estado-minorías, racismo, migracións.

Dinámica de pacificación
Transicións políticas, educación para a paz e prevención de conflitos, experiencias de negociación e pacificación (Irlanda do Norte, Angola, Mozambique, O Salvador, Balcáns).


3. Metodoloxía

Liñas prioritarias de investigación de conflitos
¿Que se quere facer? ¿Con qué obxectivo? ¿Cales conflitos se estudan e por qué?

Identificación dos principais conflitos mundiais e daqueles conflitos esquecidos. Mecanismos de pacificación.

Realización de "Guías útiles" de contido didáctico sobre os principais conflitos (Palestina, Iraq, Chechenia, Colombia, etc), con preguntas e respostas clave. Colocación na páxina web.

Reunións grupais
1-2 veces ao ano.

Publicación de libro colectivo sobre Conflitos
Neste sentido, está a disposición a utilización da colección "Texturas Internacionais" do Igadi.

Plan de Actuación e Impacto social
Organización de actividades, conferencias, charla-debate, reflexión. Presentación de libros e publicacións.

Foros por Internet, publicación páxinas web e artigos, comentarios, seguimento informativo.

Liñas orixinais de Investigación
Neste apartado, se contempla a posibilidade de que algúns dos integrantes do programa afonden durante un determinado período de tempo (un ano) no estudo e investigación dunha serie de conflitos particulares (Curdistán, Palestina, Colombia, África subsahariana, etc), co consecuente acercamento físico aos lugares orixinais dos conflitos. O Igadi axudará na busca de financiamento.


4. Equipo de traballo

Director

Roberto Mansilla Blanco, Igadi.

Coordinador executivo

David Reinero, xornalista, Igadi.

Integrantes

Manuel Martorell, xornalista especializado no Oriente Medio.

Cristóbal Ramírez, xornalista especializado en cuestión saharauí.

Andrés Freire, colaborador do Igadi.

Daniela Pichler, Universidade de Viena.

Miriam Bader, Universidade de Paderborn, Alemania.

Mabel González Bustelo, analista do CIP, Madrid.

Mónica Rafael, Universidade de Coimbra, Portugal.

Roberto Montoya, xornalista, xefe de internacional de El Mundo (Madrid).

Rafael García Pérez, Universidade de Santiago de Compostela.

Nair Millós Álvarez, colaboradora do Igadi.

Laura Feal Sánchez, xornalista de Europa Press (Vigo).

Carlos Negreira Espasandín, colaborador do Igadi.


5. Webs de interese para o programa

Centros de Estudos e Investigación sobre Conflitos, Seguridade, Pacificación e Relacións Internacionais:

Carnegie Endowment for International Peace (EEUU)

Hoover Institution for War, Revolution and Peace (Hoover Institution-Standford University, EEUU)

War Crimes, Genocide & Crimes against Humanity (The Genocide Research Project, Pennsylvania)

International Conflict Research, INCORE (United Nations University-University of Ulster, Belfast)

Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria, IECAH (Madrid)

Centro de Investigación para la Paz, CIP-FUHEM (Madrid)

Terrorism Knowledge Base (The National Memorial Institute for the Prevention of Terrorism, Oklahoma)

The Terrorism Research Center (EEUU)

Institute for War & Peace Reporting, IWPR (Gran Bretaña)

International Crisis Group (Bruselas)

The Center for Peace and International Relations Studies (Tbilisi, Georgia)

Central Asia-Caucasus Institute (The Johns Hopkins University-The Paul H. Nitze School of Advanced International Studies, EEUU)

Eurasianet (Central Eurasia Project-Open Society Institute, Nueva York)

Department of Peace and Conflict Research (University of Uppsala, Suecia)

Institute of World Affairs (Washington)

International Relations and Security Network (Center for Security Studies, Zürich)

International Peace Research Institute, PRIO (Oslo)

The Stockholm International Peace Research Institute, SIPRI (Estocolmo)

Transnational Institute (Holanda)

The Online Journal of Peace and Conflict Resolution (Tabula Rasa Institute, Washington)

Peace Brigades International (Londres)

The South African Institute of International Affairs (Suráfrica)

Africa Institute of South Africa (Suráfrica)

Facultad Latinoamericana de Ciencias Sociales, FLACSO (Costa Rica)

Institute of Peace and Conflict Studies (India)

The Royal Institute of International Affairs (Reino Unido)

L'Institut Française des Relations Internationales (Francia)

Center for Eurasian and Strategic Studies (Turquía)

Israeli-Palestine Center for Research and Information (Israel)

The Power and Interest News Report (EEUU)

Institut de Relations Internationales et Stratégiques (París)

Institute for Policy Studies (Amsterdam)

Foreign Policy in Focus (International Relations Center, EEUU)

Escola de Cultura de Pau (Cataluña)

WarNews (Italia)

 
Volver a TitularesVolver a Programas de Investigación



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.gal

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/01/2006
Fernando Pol


Subir