Programas de InvestigaciónVolver a TitularesVolver a Programas de Investigación
Cooperación Internacional ao Desenvolvemento
 
 

1. Obxectivos

A cooperación internacional para o desenvolvemento leva xa moitos anos conquistando un espazo propio nas axendas dos diferentes actores políticos e sociais que estruturan as nosas sociedades, independentemente da súas orientacións máis ou menos críticas con respecto ao tema. O certo é que, nun mundo en progresiva interconexión, cada vez é máis necesario introducir a cooperación ao desenvolvemento como un eido importante da acción social.

Nos últimos anos, a nivel estatal viviuse un marcado incremento tanto dos fondos como dos instrumentos e actores (gobernamentais e non gobernamentais) dedicados á cooperación internacional; neste crecemento, contaron cun relevante papel certas Comunidades Autónomas e entes locais que sumaron á cooperación estatal un elevado grao de descentralización, achegando as súas especificidades e formas de facer.

Neste senso, Galicia foise incorporando con certo retraso ao carro da cooperación e a remolque do resto do estado. Despois duns anos de progresivo crecemento do sector das ONGs e da paulatina incorporación de políticas públicas dirixidas á cooperación, cabe esperar un salto na consolidación destas temáticas na nosa sociedade; un salto que debe pasar pola adopción dun discurso e dunha orientación propia. Saber a onde se quere chegar para deseñar como ir avanzando.

Por todo isto, consideramos importante abordar unha carencia que pon en entredito o crecemento do sector da cooperación: a falta de investigación sobre o tema. Sen reflexión previa, o traballo que se leva a cabo só serve para dar continuidade a dinámicas asumidas sen previo análise. A cooperación é un tema complexo, e como tal debe ser encarado, dende o estudo e a crítica construtiva.

Con este obxectivo nace o Programa de Investigación sobre Cooperación Internacional ao Desenvolvemento. Aglutinando a diferentes disciplinas e sectores sociais que están levando a cabo accións de cooperación (universidades, ONGs, ámbito privado…), o que se busca é crear un grupo de debate e reflexión que incida na investigación e na difusión de temas de desenvolvemento e cooperación. O sentido último deste programa, sería contribuír a que se vaia establecendo un marco teórico que acompañe e oriente a práctica, a través da reflexión, o debate e a investigación.


2. Organización

Grupo estable de traballo formado por persoas de diferentes ámbitos relacionados coa cooperación: mundo académico, profesionais do terceiro sector, iniciativa privada, e persoas que representen temáticas transversais como a igualdade de xénero e a cuestión medioambiental.

Marcaríanse 2/3 xornadas de traballo ao longo do ano, nas que se identificarían as liñas de actuación e a axenda para, por exemplo, realizar un informe anual con vistas á súa publicación e distribución entre todos aqueles actores dedicados á cooperación.

O grupo de persoas implicado no Programa, a parte dos encontros presenciais, mantería a comunicación con certa regularidade a través de diversas vías. Tamén se buscaría a relación con centros de investigación do resto do Estado que inclúan a temática da cooperación (Hegoa, Cidob…) co obxectivo de compartir experiencias e coñecer outras realidades onde a cooperación ten unha maior implantación. Pódense organizar xornadas de encontro, visitas…


3. Temas

• Avaliación da cooperación que se levan a cabo en Galicia: impacto, debilidades e fortalezas.

• Papel da cooperación descentralizada, especificidades e espazos propios de actuación.

• Prioridades xeográficas.

• Prioridades sectoriais.

• Instrumentos.

• Sociedade Civil: ONGs.

• Relación co Sur: que actores, que grao de participación no deseño, implementación e avaliación.


4. Integrantes

Virginia Romero, vromerito@yahoo.es

Quique Peña, epena@udc.es

Luz Sela, luzvegadeo@hotmail.com

María Caamaño, maria.caamano@aeci.es

Pedro Krupenski, pedrok@plataformaongd.pt

Xoán Hermida, amarante@amaranteong.org

Emilio Martínez Rivas, emilio@galiciasolidaria.org

Carlos Teijo, dteijo@usc.es

Irene González Contreras, irenecontreras2003@yahoo.es

Iria Alonso Casares, ialonso@igadi.gal

Mª del Mar Gómez Fernández, mmgomez@igadi.gal

Lara Barros Alfaro, lbalfaro@igadi.gal


5. Páxinas de interese para o programa

Columbia Foundation

Overseas Development Institute

Development Gateway

Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola da ONU

Biblioteca virtual sobre cooperación ao desenvolvemento xestionada pola Axencia Canadense de Cooperación

Instituto de Estudios sobre Conflictos e Axuda Humanitaria

Instituto de estudios sobre desenvolvemento da universidade de Sussex (UK)

Banco Mundial

United Nations Development Programme (UNDP/PNUD)

Publicacións e documentos de Oxfam (Reino Unido)

Focus on the Global South (ONGD tailandesa adicada á investigación)

 
Volver a TitularesVolver a Programas de Investigación



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.gal

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/03/2006
Fernando Pol


Subir