Arredalia - Rede de antigos alumnos de prácticas

Arredalia (2012)

Arredalia é un grupo de antigos alumnos en prácticas no IGADI de diferentes países do mundo.

Arredalia é un grupo de antigos alumnos en prácticas no IGADI (Instituto Galego de Análise e documentación internacional) de diferentes países do mundo (Alemaña, Austria, Irlanda, italia, Polonia, Portugal, Xapón, ademais de Galicia e outros territorios do estado español). A través desta nova rede formada neste ano, que é o do 20 aniversario do IGADI, ademais de manter a relación co IGADI e os antigos membros do centro, discutimos sobre o noso porvir. o futuro será construido por nós mesmos, por iso, temos que reflexionar sobre aquelas orientacións e liñamentos que poden facelo mellor.