Chibérica (2024)

No marco do Protocolo Xeral de Actuación entre Casa Asia e o IGADI-Observatorio da Política China, as Xornadas de Chibérica queren ser un punto de encontro entre Portugal e España para pensar na China do século XXI.

As Xornadas inspíranse na publicación do libro coordinado por Xulio Ríos e Jorge Tavares “Chibérica: Visiones ibéricas de la China contemporánea” (Editorial Popular, 2023) que promoveu unha mirada compartida sobre as relacións entre España, Portugal e China.

En 2024 e baixo o obxectivo xeral dunha mellor comprensión da China contemporánea, desde unha perspectiva europea e especificamente ibérica, as Xornadas reunirá a seis especialistas, españois e portugueses, a través de bloques temáticos sobre Economía, Política e Sociedade.

IGADI Conferencias Chiberica 16x9 horzontalpt