Capa do Le Monde o 7 de outubro do 2025

A República espida (IV e final)

Outono de 2025: buscando unha saída ás 2 da mañá

Con Lecornu dando por rematada a súa misión —isto é, atopar unha maioría suficiente que evitase unha nova moción de censura—, Emmanuel Macron, a través dos servizos do Elíseo, enviou un correo ás 2 da mañá – algo inédito e alonxado da cortesía institucional aos representantes de todos os partidos, agás La France Insoumise (LFI) e o Rassemblement National (RN), convocándoos a unha reunión no Palacio do Elíseo co obxectivo de confirmar a existencia dunha suposta “maioría de non-censura”. Un xesto inédito na Vª República, xa que a interlocución cos partidos políticos non lle corresponde constitucionalmente ao Elíseo, senón ao primeiro ministro; e, para máis paradoxo, Lecornu xa realizara esa mesma rolda de contactos. O episodio deixou a imaxe dun presidente máis illado ca nunca, asumindo persoalmente funcións que non lle competen e revelando a erosión das prácticas institucionais tradicionais. Como era previsible, tanto a extrema esquerda de LFI como o RN de Marine Le Pen rexeitaron participar en calquera tipo de concertación, advertindo Le Pen que “fará caer calquera goberno continuísta de Macron mediante mocións de censura sucesivas”. Pola súa banda, os Republicanos (LR) tamén rexeitaron oficialmente entrar no Goberno Lecornu, limitándose a ofrecer apoios puntuais en votacións concretas. O resultado é, novamente, o dun executivo minoritario e interino, sustentado apenas por equilibrios fráxiles e compromisos informais. A posición subalterna dos partidos políticos volve a poñerse de manifesto co nomeamento dos Republicanos (LR) cuxa dirección rexeitou formar parte deste goberno. A formación xa anunciou a expulsión destas persoas.

Estes últimos xiros rocambolescos puxeron de manifesto ata que punto Francia permanece encadeada a un bloqueo de gobernabilidade estrutural: cun Parlamento fracturado e un presidente politicamente exhausto, a Vª República carece de mecanismos áxiles para restaurar a estabilidade. Como resume o analista Pablo del Amo, “a realidade é que o sistema non ten instrumentos para resolver a crise política francesa. A Quinta República non está deseñada para unha situación con tres polos políticos que se bloquean mutuamente”. En efecto, De Gaulle concibiu un sistema pensado para un panorama bipartidista moderado, propio dos anos sesenta, mais o contexto actual de tripolarización e partidos tradicionais debilitados desborda por completo a arquitectura institucional vixente. O resultado é unha sucesión de gobernos efémeros e febles, que caen tan pronto dous bloques da Cámara deciden unirse en contra. Estamos, por tanto, ante unha crise de réxime en toda regra, na que comezan a oírse con forza voces que propoñen “pasar páxina” e construír unha VIª República, capaz de adaptar o sistema político francés ao século XXI.

As saídas posibles a curto prazo

Unha vez que, a 14 de outubro de 2025, Lecornu accedeu aos requisitos dos socialistas para evitar a censura do goberno – conxelar a reforma das pensións e renunciar ao uso do artigo 49.3 – de atoparen os parlamentarios da oposición un nada descartable novo motivo para a censura, revélanse as seguintes alternativas para saír do bloqueo:

Premisa orzamentaria: a Constitución (art. 47) fixa prazos estritos para a lei de finanzas; se o Parlamento non adopta o texto dentro de 70 días, o Goberno pode poñelo en vigor por ordenanza. En 2024, ante a parálise, recorreuse mesmo a unha “lei especial” para garantir a continuidade do Estado a partir do 1 de xaneiro (ingresos vixentes, servizos esenciais), o que ilustra a gravidade do bloqueo e a centralidade do ciclo orzamentario.

Poder de disolución: o presidente pode disolver a Asemblea Nacional (art. 12) tras consultar PM e presidentes das cámaras; as eleccións celébranse entre 20 e 40 días despois. Tras unha disolución, non se pode disolver de novo ata pasar un ano (relevante despois da disolución do 9 xuño 2024).

Vacancia presidencial: se o presidente dimite, actívase o interinato do presidente do Senado e débese celebrar elección presidencial en 20–35 días (art. 7).

Censura e responsabilidade: a aprobación dunha moción de censura obriga o primeiro ministro a dimitir (art. 49–50); en decembro de 2024, a censura a Barnier activou o art. 50 e bloqueou o ciclo orzamentario, que rematou na citada “lei especial”.

Opcións realistas en discusión

  1. Aprobación dos Orzamentos (PLF) antes do 31 de decembro e disolución inmediata da Asemblea.
    • Base legal: art. 12 (disolución); art. 47 (prazos PLF).
    • Lectura politolóxica: “reset” parlamentario tras aprobar as contas mínimas para evitar un novo parón administrativo. Analistas lembran que a disolución é unha arma presidencial de arbitraxe en crises; historicamente, pode desbloquear… ou agravar a inestabilidade.
  2. Aprobación dos Orzamentos dimisión do Presidente presidenciais anticipadas lexislativas.
    • Base legal: art. 7 (elección presidencial en 20–35 días tras vacancia).
    • A esquerda radical (LFI) pero tamén Edouard Philippe, ex primeiro ministro de Macron e líder do partido centrista Horizons ou mesmo Jean François Copé da dereita gaulista piden a dimisión; o RN empurra a novas eleccións e reclama “dissolutionoudémission”. Macron, en calquera caso, descarta dimitir e atribúe o caos á oposición.
  3. Aprobación dos Orzamentos continuidade do Executivo até municipais primavera 2026 disolución.
    • Base legal/política:permitiría completar o ciclo local e medir correlación de forzas antes de arriscar outra lexislativa.
    • Riscos:prorrogar a maioría introuvablecon custo en lexitimidade; sensación de “fin de réxime” larvada se non hai clarificación política.
  4. Moción de censura exitosa caída do Goberno disolución.
    • Baselegal:art. 49–50 (responsabilidade), seguida de art. 12 (dissolution) como arbitrio presidencial.
    • Contextoactual:RN e aliados ameazan con censurar calquera goberno para forzar urnas; a esquerda tamén prepara mocións.
  5. Moción de censura exitosa caída do Goberno dimisión do Presidente disolución e presidenciais.
    • Lóxica:“purga” institucional completa, encadeando presidenciais e lexislativas para reconstruír un mandato claro.
    • Obxeccións xurídico-políticas: constitucionalistas prudentes alertan de que normalizar a dimisión presidencial por presión conxuntural crea un precedente perigoso, incrementando a volatilidade sistémica.

Avaliación normativa (trauma vs. válvula de escape)

  • Dimisión presidencial: sería a máis traumática para un sistema que sacraliza a figura presidencial e que liga “a Nación” ao seu titular dende 1958. Aínda así, gaña tracción social e nos medios porque funcionaría como válvula de escape: centraría novamente o debate en que políticas,que reformase con que intensidade queren os franceses (e faríao xa).
  • Contra-argumento constitucionalista: o custo sistémico dun “referendopermanentesobreo presidente” podería radicalizar a inestabilidade, premiando a presión das enquisas e das rúas; a saída responsable, din algúns editoriais, é axustar as prácticas ao espírito de 1958 mentres se procura un mandato claro nas urnas.

As reformas necesarias a medio prazo: proporcionalidade, descentralización e “parlamentarización”: cara á VI República

A situación descrita evidencia que a Vª República chega esgotada. Moitos politólogos coinciden en que só unha reforma enprofundidadepermitirá salvar a democracia francesa do seu bucle de inoperancia. Neste senso, Olivier Rouquan subliña que o actual presidencialismo político e institucional está “vieilli, usé, fatigué” –envellecido e esgotado– e que máis cedo que tarde haberá que afrontalo e construír un novo réxime máis acorde co contexto do século XXI. Cal poderían ser os eixos dese cambio? Apuntamos tres principios fundamentais:

  • Proporcionalidade electoral: introdución dun sistema electoral máis proporcional na elección da Asemblea Nacional. Isto garantiría unha representación máis fiel do pluralismo político real de Francia, hoxe distorsionado polo sistema maioritario a dúas voltas. Como demostran os últimos comicios, a fórmula actual pode magnificar artificialmente maiorías de voto minoritario (En Marche con 24% obtendo case 60% de escanos en 2017) ou, pola contra, infrarrepresentar forzas significativas (o RN en 2022 logrou só 15% de escanos co 18% dos votos). Unha dose importante de proporcionalidade –por exemplo listas rexionais con reparto proporcional de escanos– permitiría integrar todas as correntes políticas de forma xusta no Parlamento. Isto posiblemente favorecería gobernos de coalición máis estables e baseados no acordo programático, en lugar de maiorías “de bloc” obtidas por efecto de arrastre presidencial. Ademais, reduciríase o incentivo ao voto estratéxico ou á abstención, ao saber o elector que o seu voto terá reflexo en escanos aínda que non gañe a súa circunscrición. A proporcionalidade, en suma, lexitimaría o lexislativo e daríalle voz a esa Francia plural cuxa exclusión alimentou o voto protesta. Diversos expertos levan tempo avogando por esta reforma; de feito, Julia Cagé e Thomas Piketty propoñen tamén listas electorais que inclúan obrigatoriamente candidatos de extracción obreira para asegurar unha representación social máis equilibrada. Trátase de conectar de novo o Parlamento coa sociedade real.
  • Descentralización territorial: reformar a estrutura territorial do Estado para desconcentrar o poder afastándoo de París. Francia segue a ser, malia reformas parciais, un dos Estados máis centralizados de Europa. O deseño gaullista instaurou unha presidencia “á francesa” reforzada, pero tamén perpetuou o xacobinismo administrativo: dende o Elíseo e Matignon decídense políticas que afectan por igual a todo o territorio, ás veces sen ter en conta as realidades locais. A rebelión dos chalecosamarelos tivo unha clara dimensión territorial (a Francia periférica e rural contra as elites urbanas) e evidenciou o resentimento cara a un centro percibido como alleo e descoñecedor dos problemas cotiáns. Un novo equilibrio institucional debería avanzar cara a un modelo máis federal ou cando menos rexionalista, outorgando maiores competencias normativas e fiscais ás rexións e comunas. Así, poderían adaptarse políticas públicas ás necesidades de cada zona (por exemplo en materia de transportes, transición ecolóxica, impostos ao combustible, etc.), reducindo a sensación de inxustiza ou arbitrariedade das decisións “uniformes” tomadas dende París. A descentralización tamén implicaría reforzar a democracia local, con autoridades elixidas con máis poder e competencias fronte aos prefectos e ministerios. Ao achegar os centros de decisión ao cidadán, recupérase confianza nas institucións e dilúese a excesiva carga simbólica que hoxe recae na presidencia da República como salvadora ou culpable de todo. En definitiva, unha Francia máis descentralizada sería menos propensa a parálises nacionais, pois moitos asuntos resolveríanse no seu nivel adecuado sen agardar por París.
  • Parlamentarización do réxime: este punto suporía equilibrar o sistema político cara a un auténtico parlamentarismo, mitigando o hiperpresidencialismo. En termos prácticos, implicaría recuperar o espírito da IIIª e IVª República (xunto coas salvagardas necesarias para evitar a inestabilidade crónica daquelas). Unha opción debatida é instituír unha VIª República parlamentaria, onde o xefe de Estado teña un rol principalmente arbitral ou representativo, e o Goberno dependa exclusivamente da confianza parlamentaria. Isto podería lograrse eliminando a elección directa do presidente ou polo menos restrinxindo os seus poderes unipersoais (disolución, 49.3, etc.). Tamén se podería separar de novo o calendario electoral: por exemplo, restaurar un mandatopresidencialmáislongo(6–7anos)perononrenovable, e unhas lexislativasa medio mandato presidencial. Así o Parlamento recuperaría a súa autonomía temporal e política, podendo converterse nun contrapoder efectivo que fiscalice o Executivo. O parlamentarismo traería varias vantaxes: facilitaría cambios de goberno sen traumas (por exemplo, un presidente impopular podería ser relevado por unha nova maioría parlamentaria sen bloquear o país enteiro); obrigaría os líderes a cultivar maiorías de cooperación no hemiciclo en lugar de gobernar por decreto; e diluiría o personalismo excesivo da figura presidencial –un dos factores que máis polariza e paraliza hoxe a política francesa. Cabe lembrar que figuras de distinta orientación ideolóxica, dende Jean-Luc Mélenchon (quen leva anos pedindo unha VI República) ata intelectuais máis moderados, converxen na idea de que hai que “acabar co réxime do hiper-presidente” e volver darlle protagonismo á soberanía parlamentaria. Un sistema parlamentarista podería incluír, por exemplo, un mecanismo para que a Asemblea Nacional elixa ao primeiro ministro e aprobe o seu programa ao inicio de cada lexislatura, reforzando así a lexitimidade do Goberno; e unha regulación máis estrita –ou supresión– do artigo 49.3 excepto en casos moi taxados, asegurando que as leis importantes se debatan e voten.

En conclusión, a crise sistémica que atravesa hoxe a Quinta República francesa amosa que o armazón institucional de 1958 esgotou o seu ciclo histórico. O tripartidismo, a volatilidade electoral e a erosión da confianza nos gobernantes revelaron que as regras vixentes xa non ofrecen nin estabilidade nin lexitimidade suficientes. A reforma non xa non se pode postergar máis. Os principios de proporcionalidade, descentralización e parlamentarización, ben articulados, poderían fornecer os alicerces dunha renovación democrática profunda. Trataríase de alumear unha VIRepúblicaadaptada ao século XXI: máis plural, máis próxima ao territorio e máis

equilibrada nos poderes. Só así Francia poderá superar a parálise actual e encarar un novo ciclo político con institucións á altura dos desafíos contemporáneos. Os diagnósticos están feitos – Rosanvallon, Cagé, Rouquan e outros autores levan tempo sinalando estes problemas–; agora tócalles aos actores políticos e á cidadanía asumir esa realidade e emprender, con altura de miras, a reconstrución do pacto institucional francés. Como advertía o propio Olivier Rouquan, sen unha reforma de tal calibre ocúmulodedesordessucesivaspermanecerábaleirodesentido], abocando o país a unha deriva estéril. Pola contra, afrontar o esgotamento do modelo gaullista e refundar a República sobre bases máis democráticas sería un sinal esperanzador de resiliencia e unha resposta á altura da grave encrucillada actual e con vocación de durar outros 70 anos.

Bibliografía de referencia

  • Pierre Rosanvallon, Lacontre-démocratie:lapolitiqueàl’âgedeladéfiance. Seuil, 2006.
  • Julia Cagé, Leprixdeladémocratie. Fayard, 2018.
  • Olivier Rouquan, “V^eRépublique:lecodeachangé”, RevuePolitiqueetParlementaire, n.º 1108 (2023).
  • Pablo del Amo, “CaeelgobiernoBarnier:¿laQuintaRepúblicaencrisis?”, Real Instituto Elcano (10 decembro 2024).
  • André Larané, “CrisedémocratiqueFaut-ilenfiniraveclaVeRépublique?”, Hérodote (27 maio 2023).
  • Gérard Grunberg et al., “Quellecrise politique?”, Telos (9 maio 2023).
  • Podes acceder a serie completa na ficha do autor