Recentemente Aviv Kochavi, xefe dos servizos de intelixencia israelís, advertiu de cómo Siria está converténdose nun epicentro da “yihad internacional” para grupos e movementos islamitas radicais con pretensión de crear un Estado islámico en pleno corazón de Oriente Próximo. Kochavi advertía que esta Yihad islamita en Siria non só afectaría a este país “senón ao Estado de Israel, Líbano, Xordania e a península de Sinaí”, en clara referencia aos puntos neurálxicos da seguridade israelí.
Recentemente Aviv Kochavi, xefe dos servizos de intelixencia israelís, advertiu de cómo Siria está converténdose nun epicentro da “yihad internacional” para grupos e movementos islamitas radicais con pretensión de crear un Estado islámico en pleno corazón de Oriente Próximo. Kochavi advertía que esta Yihad islamita en Siria non só afectaría a este país “senón ao Estado de Israel, Líbano, Xordania e a península de Sinaí”, en clara referencia aos puntos neurálxicos da seguridade israelí.
Non deixa de ser irónica esta advertencia, tomando en conta as contradicións e dobres varas de medir que existen en torno ao conflito sirio. Tacitamente e de forma indirecta, Israel ven apoiando a uns rebeldes sirios malamente unificados en torno ao Exército de Liberación de Siria (ELS), unha plataforma heteroxénea, dividida e polarizada, onde os grupos radicais “yihadistas” cobran o peso principal incluso combatendo cos demais grupos rebeldes, adscritos a identidades de carácter étnico, relixioso e de diversas ideoloxías e formacións políticas.
Con todo, a advertencia de Kochavi desestima o consecuente apoio loxístico e financeiro que Arabia Saudita, Catar e Turquía, entre outros, teñen outorgado a estes rebeldes sirios, sen miramentos dos grupos radicais, coa pretensión de derrubar ao réxime de Bashar al Asad e constituír en Siria un epicentro dos seus intereses xeopolíticos e económicos. Apoio saudita e catarí tacitamente avalado por EUA e Europa, cuxas erráticas estratexias en Siria se dilúen tomando en conta que o réxime de Bashar al Asad segue en pe, incluso recuperando zonas anteriormente en mans dos rebeldes.
En todo caso, a guerra civil siria está deteriorándose, cada vez mais, nunha especie de “guerra civil” entre os rebeldes(1). A mediados de xullo, grupos islamitas asasinaron a Kamal Hamami, un dos 30 membros do Consello Militar Supremo do ELS. Diversas fontes aínda non confirmadas aducen dunha presunta alianza entre o Exército Islámico de Iraq e do Sham (Levante), o grupo de Al Qaeda en Iraq e o grupo yihadista sirio Jabhat Al Nusra, incluído por Washington na súa lista de grupos terroristas globais(2) Outras informacións aparentemente mais veraces consideran que en Siria operan actualmente entre 600 e 1.000 “yihadistas” internacionais, moitos deles europeos pero tamén árabes e afgáns.
Tal e como ocorrera con Afganistán, Alxeria, Chechenia e Bosnia no pasado recente, os grupos yihadistas observan a Siria como unha avanzada da yihad global contra Occidente e as autocracias do mundo árabe, como é o caso do réxime laico do clan al Asad en Damasco. En todo caso, as contradicións forman parte desta dinámica, tomando en conta que o movemento islamita libanés Hizbulá é un dos mais activos aliados de Bashar al Asad.
Así e todo, a implicación de grupos radicais iraquís no conflito sirio evidencia, igualmente, o fracaso occidental no Iraq post-Saddam, un escenario igualmente reproducible no fráxil equilibrio na Libia post-Gadafi, o cal depende do peso e influencia de islamitas radicais e “señores da guerra”. Isto coloca a Libia como eventual epicentro de irradiación para grupos radicais no Magreb, con especial incidencia en escenarios tensos e delicados como Exipto, Tunisia, Alxeria e Marrocos.
Os fracasos occidentais nas transicións de Afganistán, Iraq ou Libia, por exemplo, estanse reproducindo actualmente nunha Siria inmersa nunha guerra civil que, paralelamente, está configurando unha maior inestabilidade rexional. E un apetecible caldo de cultivo para os yihadistas e incluso os “falcóns” de Washington e Tel Aviv.
(1) “Guerra civil en la guerra civil siria”, Informe Semanal de Política Exterior (España), Nº 851, 22 de xullo de 2013. Páxina 6.
(2) Ibid.