bandadecrechas

Abraiante Galicia (IV) As Crechas

A serie "Abraiante Galicia" achega desde os ollos de Isabel Stanganelli, espazos, historias e outros elementos que non deixarán de causar asombro. Arredor das conexións de Galicia co resto do mundo...
Liñas de investigación Paradiplomácia
Idiomas Galego

Logo dos audibles silencios de Muxia que non logrei percibir nin nos inhóspitos desertos asiáticos, recibín un convite á última foliada do ano en Santiago… Foliada? Non sabes? É folk galego!

Sen ter clara a idea da que se trataba, fun con María Dolores, a miña primeira gran amiga nesta cidade, ás Crechas, A música española tradicional que percorre o mundo non é a que escoitei alí. A “Banda das Crechas” estaba aí, coas súas gaitas, pandeiretas, violíns, tamborís e outros instrumentos de percusión que non recoñecín, recreando música máis afín coa celta… Sorprendeume. Poucas semanas antes cumpriron as mil actuacións. A festa popular asolagaba todo o espazo de entusiasmo e eu continuaba atorando á miña amiga con preguntas.

Así souben que os integrantes de “a Banda” non só se susbstituían cos anos, senón que calquera podía achegarse á mesa co seu instrumento –moitos irlandeses- e integrarse coma se pertenceran desde sempre: sen preguntas, un convite aberto… Acompañaban as palmas dos presentes e, a pesar do xentío, non faltaban os que tentaban erguer os brazos e ensaiar os saltos dos bailes, as “muñeiras”. Uns días máis tarde aínda que con menos concorrencia -non houbo difusión senón que se tratou dun xesto espontáneo- volvín atopar os bailes galegos en Avalon, e logo polas rúas, ao mediodía, debaixo de tendas, con mozas apenas nos seus 20s… se chovía, non importaba.

En poucos lugares do mundo observei este fenómeno. Nas Repúblicas Bálticas eran frecuentes pero o obxectivo era ocupar lugares ameazados, mediante reunións familiares ou concertos en anfiteatros cubertos… non importaba nin a choiva. Ou danzas tradicionais mayas en América central con coreografías para turistas, tamén como as polinésicas de Pascua en Santiago de Chile, recentemente incorporadas como folclore nacional…

E teño claro o espontáneo deste sentimento en Galicia porque orixinalmente proveño dun lugar con dous folclores: o máis antigo, o gauchesco e o máis novo que, aínda que rioplatense, difundiuse no mundo: o tango. En actos nas escolas era frecuente o primeiro. A lgunazamba, chacarera, cueca… pero era tan difícil atopar homes que se ofrecesen a bailar! Salvo que fosen moi pequenos ou que necesitasen un gran xesto para aprobar materias escolares, adoitaban ser substituídos por nenas vestidas como gauchos ou directamente o baile era suplido por algunha poesía. A vergoña e a burla impedían a difusión dese folclore. Existen por suposto escolas de danzas folklóricas, pero non son moitas e xeralmente asisten persoas maiores.

Sen embargo, comou consecuencia deste descubrimento logrei atopar que Galicia si se fixo presente en Buenos Aires… Dragóns – Xeito Novo, “a banda de folk celta”, más instrumental e menos bailable que a que presenciei en Santiago, pertencente á Fundación Xeito Novo de Cultura Galega, aínda que non obtiven certezas de que aínda seguise activa.

Mais alí non rematou a miña lección coas Crechas. Loli medrou alí, o pasatempos do seu esposo era observar os detalles do lugar que pertencía ao seu cuñado… Os bancos, a ferrería, todos os detallles que se observan actualmente, ata as construcións no fondo do local levan o seu selo. Coidadosos complementos feitos con pericia tal, que sobreviviron o paso dos anos e das multitudes.

Dentro do pub (reformado, renovado e inaugurado a mediados dos 80s) probaron as súas primeiras armas artistas de todo calibre: obras teatrais de protesta e tamén de reivindicación da identidade de Galicia, parodias escenificadas por mozas que hoxe son actores consagrados, pintores, por suposto músicos, institución aberta a exposicións de todo tipo… Cando fun había tallas en madeiras traídas polo mar… Ao meu carón, vía como tantos asistentes recoñecían e abrazaban a María Doloes, a miña anfitrioa, embargados de emoción, incluíndo o actual dono. Toda unha páxina na historia galega!

E aínda hai máis: As Crechas tiña historia previa: era a pensión onde vivían as estudantes da Universidade de Santiago. As rexentes, dúas mulleres co cabelo crespo –todo un sinal de autoridade- eran quen coidaban a seriedade do establecemento. En 2017 cumpriu os seus primeiros 30 anos como pub… Longa vida ás Crechas !

Nota da autora: Non recibín ningún tipo de compensación (económica ou non) por escribir este artigo, non teño conexión material coas marcas, produtos ou servizos que mencionei e a miña opinión é independente.