Irán non renuncia á diplomacia e negocia directamente coa UE mentres espera xestos de apertura dende Washington e Tel Aviv. Pero de continuar a retórica e as especulacións belicistas, podería iniciarse unha carreira armamentística no explosivo Oriente Medio. No marco do 26 aniversario da revolución islámica, o presidente iraní, Mohammed Khatami, quen deixará o poder nas eleccións presidenciais de maio, respondeu que o seu país se atopa "unido contra toda ameaza ou ataque", en clara alusión a EEUU e Israel. (Foto: Mohammed Khatami no WSIS (World Summit on the Information Society/Cumbre Mundial sobre la Sociedad de la Información) celebrado en Xenebra do 10 a 12 de decembro de 2003). | |
A tensión está a aumentar entre EEUU, Irán e Corea do Norte. Ás especulacións dunha posíbel intervención militar estadounidense en Irán, tralo discurso do presidente George W. Bush ante o Congreso, e a revelación, por parte do Ministerio de Exteriores norcoreano, de posuír armamento nuclear e amosar a súa intención de abandonar o Tratado de Non Proliferación Nuclear, sitúa a Washington nunha crítica situación, debido á súa falta de habilidade diplomática para tratar ambos temas. Do mesmo xeito, a repentina crise e os posteriores movementos diplomáticos evidencian que os réximes de Teherán e Pyongyang amosan unha hábil táctica política que lles permitiría afastar o perigo de intervención militar.
Para Washington, o asunto resulta complexo. A actual crise diplomática con Irán e Corea do Norte parece convencer ao presidente Bush de continuar coa súa política unilateral de desbaratar o que el cualifica como o "eixe do mal". Tralas guerras de Afganistán e Iraq, a opción semella apuntar ao que Bush calificou como "tiranías mundiais", amosando cales serán as prioridades para o segundo período do mandatario republicano. Xunto a Irán e Corea do Norte, a Casa Branca sinala a Cuba, Zimbabwe, Belarús e Myanmar.
Unha primera observación indica que ambas crises, a de Irán e a de Corea do Norte, presentan situacións similares. Se ben o réxime dos ayatollahs iraníes aínda non completou o seu programa nuclear, a capacidade para levalo a cabo preocupa a Washington e ó seu aliado israelí. Teherán leva meses dialogando coa Unión Europea, concretamente con Gran Bretaña, Alemaña e Francia, a subordinación do seu programa nuclear e químico a fins civís e pacíficos. En novembro pasado, o goberno iraní aceptou as disposicións do Tratado de Non Proliferación Nuclear e incluso nestes días, os representantes destes países se reunían en Xenebra para garantir a transparencia do programa de armamento nuclear iraní.
Irán non renuncia á diplomacia e negocia directamente coa UE mentres espera xestos de apertura dende Washington e Tel Aviv. Pero de continuar a retórica e as especulacións belicistas, podería iniciarse unha carreira armamentística no explosivo Oriente Medio. No marco do 26 aniversario da revolución islámica, o presidente iraní, Mohammed Khatami, quen deixará o poder nas eleccións presidenciais de maio, respondeu que o seu país se atopa "unido contra toda ameaza ou ataque", en clara alusión a EEUU e Israel.
No caso norcoreano se presenta un escenario case idéntico. O réxime de Pyongyang sí posúe un avanzado programa nuclear, e a recente revelación así o confirma. Se ben rexeitou someterse aos requerimentos do Tratado de Non Proliferación Nuclear, o goberno de Kim Jong II mantén a estructura de diálogo con China, Rusia, Xapón, Corea do Sur e os EEUU, aínda que éste incluira a Pyongyang na lista das tiranías mundiais. O vicepresidente estadounidense Dick Cheney declarou hai pouco que tanto Irán como Corea do Norte constitúen "prioridades" para a política exterior de Bush no segundo mandato.
Na crise norcoreana, Washington conta coa alianza directa de Xapón, un país que avanza no seu rearme militar a pesar de súa contención constitucional neste sentido. Pero Pyongyang ten a baza diplomática china e rusa, clave para contrarrestar a entente EEUU-Xapón-Corea do Sur. Coa súa revelación, Kim Jong II manifesta unha sutil táctica diplomática na que espera obter un xesto esperanzador por parte de Bush, que poida reavivar o diálogo. Algunhas fontes de intelixencia revelan que a declaración norcoreana supón unha especie de "tapadeira" baseadas nunha hipotética preparación da sucesión de Kim Jong II a favor dun dos seus fillos. Nembargantes, o que Pyongyang aparentemente busca é o diálogo, un acordo de paz e relacións diplomáticas con Washington a cambio dunha modificación da posición estadounidense.
Independentemente dos rumores sobre posíbeis cambios de poder en Pyongyang, a retórica de confrontación en Washington e o xa de por sí delicado escenario na rexión Asia-Pacífico ben podería incrementar outra carreira armamentística, similar á de Oriente Medio. É por iso que o presidente Bush semella non estar preparado para tratar, dun xeito unilateral, ambas situacións conflictivas.
Tamén é importante non esquecer que, aparte das crises a dúas bandas en Irán e Corea do Norte, a administración estadounidense se atopa con escenarios adicionais, como a existencia dun delicado equilibrio nuclear e armamentístico entre Paquistán e India, parcialmente oculto nos derradeiros tempos pola activa diplomacia estadounidense cara ambos países, dentro da "guerra internacional contra o terrorismo". A cercanía da crise indo-paquistaní con outros estados con capacidade nuclear como Irán, China e Corea do Norte, amosa un panorama complexo para a Casa Branca. Neste apartado, Teherán recea da diplomacia israelí cara Paquistán e a India, polo que abriu unha xanela alternativa con China.
Segundo revelacións procedentes de EEUU, a administración Bush espera que, coa súa presión unilateral, os rexímenes iraní e norcoreano colapsen internamente. No discurso ao Congreso, Bush xa falou dunha "transición democrática" iraní, colocando ao veciño Iraq como "exemplo". Pensa tamén na figura do fillo do Sha de Persia, Reza Pahlevi, de 45 anos, como líder desa transición. Para complicar o panorama, Bush enviou unha mensaxe ao pobo iraní, apoiando a súa "democratización". Irán celebrará eleccións presidenciais en maio, e os ayatollah ven segura a súa hexemonía política interna. A retórica semella a mesma que hai dous anos conducira á guerra de Iraq.
Un caso completamente diferente é a monolítica Corea do Norte, onde Washington non conta con grupos de poder afíns, polo que a diplomacia resulta imperativa. Pero, en ambos escenarios, Washington xoga con lume. E Teherán e Pyongyang coa hábil man da diplomacia.