Chiapas, 20 anos despois

A dúas décadas de conmemorarse o levantamento popular e indixenista impulsado polo Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) no estado mexicano de Chiapas, ¿qué leccións tomamos daquela rebelión?  ¿En qué medida o “zapatismo” e a pegada do seu enigmático líder, o “Subcomandante Marcos”, influíron ou ben transformaron a paisaxe política mexicana e latinoamericana? Vinte anos despois, as súas leccións son tan prolíficas como complexo é o seu legado, visiblemente silenciado polas elites de poder.

Apartados xeográficos Nacionalismos
Idiomas Galego

A dúas décadas de conmemorarse o levantamento popular e indixenista impulsado polo Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) no estado mexicano de Chiapas, ¿qué leccións tomamos daquela rebelión?  ¿En qué medida o “zapatismo” e a pegada do seu enigmático líder, o “Subcomandante Marcos”, influíron ou ben transformaron a paisaxe política mexicana e latinoamericana? Vinte anos despois, as súas leccións son tan prolíficas como complexo é o seu legado, visiblemente silenciado polas elites de poder.

A rebelión zapatista do 1º de xaneiro de 1994 supuxo a primeira mobilización popular a nivel mundial contra os efectos da globalización neoliberal nun momento en que este “modelo” impulsábase triunfalmente na contorna global, particularmente trala desintegración do campo socialista e da URSS. Por tanto, a súa “presentación en público” non puido ser mais oportuna e simbólica, porque coincidiu coa posta en marcha do Tratado de Libre Comercio (TLC) entre México e EUA, punta de lanza do “Consenso de Washington” concibido a partir de 1990.

Mentres os entón gobernos de Carlos Salinas de Gortari e de Bill Clinton celebraran este TLC como unha mostra do “progreso” que traía a “nova orde mundial” da “posguerra fría”, e que confeccionaríase cun hemisferio unilateralmente inserido no Acordo de Libre Comercio das Américas (ALCA), uns 2.000 guerrilleiros zapatistas tomaron varios pobos de Chiapas denunciando a perpetuación das desigualdades, da represión contra as clases populares e campesiñas e dun sistema político excluínte e corrupto.

Tamén é certo que, dende entón, a sorprendente aparición do EZLN e do “Subcomandante Marcos” supuxo unha revitalización, con resgos incluso de resurrección, dunha esquerda latinoamericana atomizada e desarticulada, cuxa única referencia seguía sendo unha Cuba illada a nivel hemisférico e sometida a un anacrónico embargo. Foi, por tanto, a rebelión zapatista que comezaba entón a fortalecerse a través dunha incipiente pero non menos notable solidariedade internacional, unha alternativa política que abriu o camiño para o posterior xiro progresista a nivel hemisférico, traducido pola aparición dunha nova esquerda latinoamericana, fortalecida pola vitalidade dos seus movementos sociais. E, obviamente, o zapatismo reflectiu indirectamente no espertar político dos movementos indixenistas dentro e fóra de México, cuxos avances electorais foron especialmente notorios na rexión andina (Bolivia e Ecuador), e con menor incidencia en América Central.

Así, e dun xeito colateral, a rebelión zapatista abriu o compás dos novos tempos políticos en América Latina, focalizados na loita polos dereitos sociais contra a globalización e o neoliberalismo, e que posteriormente víronse fraguados co triunfo electoral de Hugo Chávez en Venezuela (1999) e as progresivas vitorias de diversas tendencias nacionalistas e de esquerdas en Brasil, Arxentina, Uruguai, Bolivia, Ecuador, Nicaragua, Perú, entre outros países. Cun novo mapa político, a integración autóctona hemisférica igualmente cobrou forma, coa creación de novos organismos (ALBA, UNASUR, CELAC, MERCOSUR) que practicamente sepultaron o “Consenso de Washington” e da incontestable preeminencia do TLC e da ALCA.

Visto este panorama, a pegada da rebelión zapatista posúe unha inevitable incidencia histórica, aínda que mais ben explicada dende unha perspectiva simbólica. Hoxe en día, 32 comunidades de Chiapas seguen baixo o control dun zapatismo permutado nun movemento comunitario, onde a consigna de que “outro mundo é posible” segue a conservar a súa vixencia, con grandes dificultades pola persistencia dun contexto de represión e desigualdades.

Pero se ben a rebelión zapatista colocou no centro de atención as inxustizas históricas contra millóns de indíxenas mexicanos (que son as mesmas que padecen desde fai séculos os indíxenas americanos), dende a perspectiva política e incluso electoral, o zapatismo non tivo a necesaria capacidade de transformar o poder dun sistema político monolítico, atomizado e reprimido por un persistente silencio e pola activación de todo tipo de resortes de poder por parte do establishment.

Dende esta perspectiva do poder político, a influencia zapatista finalmente veuse atomizada dentro dos marcos territoriais chiapanecos, aínda que a súa experiencia veuse fortalecida pola unha inestimable capacidade de supervivencia política e social, así como de organización e mobilización, traducida polo poder da palabra e do discurso por riba da loita armada.

Non obstante, o México posterior á rebelión zapatista igualmente observou unha tendencia de cambio, explicado polas complexidades dunha sociedade inevitablemente transformada pola globalización. A falacia dun cambio político emanado dunha tutelada “transición” electoral acaecida no 2000, coa vitoria do conservador PAN de Vicente Fox sobre un hexemónico PRI que volveu ao poder no 2012, non significou unha transformación radical do panorama e do sistema político mexicano. Con todo, non evitou a aparición de novos actores políticos e sociais.

Así, a proliferación de movementos cívicos sumamente contestatarios e da discusión pública de temas anteriormente tabú (aborto, homosexualidade, legalización das drogas, etc) son factores que permiten considerar que o México contemporáneo igualmente observou un inevitable proceso de reflexión e autocrítica. Unha consecuencia, se ben simbólica, colateral e indirecta, que pode ser explicada pola sorprendente aparición do zapatismo en Chiapas a partir de 1994.