Por Aymara Gerdel, Directora do Centro Venezolano de Estudos de China (CVEC)
Winter Olympic Games Beijing 2022

China realiza a mellor participación da súa historia nos Xogos Olímpicos de Inverno

Pese ao intento errado de politizar e boicotar os Xogos Olímpicos de Inverno de Beijing 2022, o evento deportivo internacional celebrouse exitosamente baixo un espírito de unidade e cooperación, contando coa participación de máis de 3.000 atletas de 90 países, baixo a lema "Xuntos por un futuro compartido". 
Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Idiomas Galego

Pese ao intento errado de politizar e boicotar os Xogos Olímpicos de Inverno de Beijing 2022, o evento deportivo internacional celebrouse exitosamente baixo un espírito de unidade e cooperación, contando coa participación de máis de 3.000 atletas de 90 países, baixo a lema “Xuntos por un futuro compartido”. 

Beijing é a primeira cidade na historia deportiva en  ser sede duns  Xogos Olímpicos de  verán (2008) e de inverno (2022). Ademais, é unha das cidades históricas e culturais máis importantes do mundo, así como, a capital das economías en desenvolvimento máis grande a escala global, sendo o centro político, científico e tecnolóxico, cultural, educativo, deportivo, e do transporte e as comunicacións da República Popular China. 

Segundo estatísticas do Comité Olímpico Internacional (COI), son os Xogos de Inverno onde máis atletas participantes competiron, así como nos que houbo o maior número de eventos, totalizándose 109 eventos (Pyeongchang 2018, contou con 102 eventos). Outro dato de interese, é que por primeira vez na historia dos Xogos Olímpicos o 45% (1.314 atletas) das participantes son mulleres.  

Doutra banda, da mesma maneira que nos Xogos de Inverno de Pyeongchang 2018, o Reino de Noruega voltou obter a vitoria, acumulando un total de 16 medallas de ouro. En segundo lugar, situouse a República Federal de Alemaña con 12 medallas dourada  e, en terceiro lugar, a República Popular China con 9 medallas de ouro. No caso do país nórdico, recibiu un total de 37 medallas e situouse como o país líder no medalleiro mundial en Xogos Olímpicos de Inverno, acumulando un total de 405 medallas desde 1914 até a actualidade.   

Ao comparar os resultados do dez primeiros países no medalleiro (Top 10) nos Xogos Olímpicos de Beijing 2022 respecto dos Xogos Olímpicos Pyeongchang 2018 é oportuno destacar o seguinte: en primeiro lugar, Noruega, Alemaña e Suecia mantiveron a súa posición, situándose no primeiro, segundo e oitavo posto respectivamente. En segundo lugar, a República Popular China pasou do posto 16 (décimo sexto) en Pyeongchang  2018 a ocupar a terceira posición en Beijing 2022, realizando a mellor participación da súa historia nuns  Xogos Olímpicos de Inverno. Suecia, Austria e Rusia (ROC) tamén melloraron a súa participación nos Xogos Olímpicos de Beijing 2022. No caso de Suecia pasou de ocupar o sexto posto ao cuarto, Austria pasou do décimo posto ao sétimo e Rusia (ROC) do décimo segundo lugar ao noveno. 

En terceiro lugar, Estados Unidos, os Países  Baixos e Francia rexistraron resultados negativos retrocedendo no medalleiro xeral. Estados Unidos pasou de ocupar o cuarto posto en Xógos Olímpicos de Pyeongchang 2018 ao quinto Beijing 2022, superado por China e Suecia. Así mesmo, os Países Baixos pasaron de ocupar a quinta posición á sexta e Francia pasou da oitava posición á décima. 

cadrool%C3%ADmpico

Os logros conseguidos polo pobo chinés baixo o liderado do Partido Comunista de China (PCCh) nos Xogos Olímpicos de Beijing 2022, demostraron a rigorosidade e o esmero con que o país asiático preparou a súa infraestrutura para ser sede do deporte mundial. Así mesmo, fixeron posibles fazañas nunca antes vistas nos deportes de inverno a nivel mundial, logrando escalar en só 4 anos, trece posicións no medalleiro xeral, situando a China na terceira posición, só superada por Noruega (8 veces campión) e Alemaña (tres veces campión) nos Xogos Olímpicos de Inverno.

Os próximos Xogos Olímpicos de Inverno celebraranse en Italia no ano 2026, na cidade de Milán, tamén coñecida como a capital da moda polo seu ambiente glamuroso e cosmopolita. Poderá China en Milán 2026 mellorar a súa participación dos Xogos Olímpicos de Beijing 2022? 

Segundo cifras do buró de estatísticas de China para o ano 2020 máis de 154.977 persoas formaban parte do sistema deportivo do país asiático e nos últimos 10 anos 2.035 atletas chineses lograron gañar campionatos mundiais en distintas especialidades. Probablemente, os esforzos de China por consolidarse como unha potencia no deporte mundial intensificaranse nos próximos anos e seguiremos sendo testemuñas de logros históricos nunca antes vistos. 

SOBRE A AUTORA: Aymara Gerdel é candidata a PhD en Public Policy da School of Government da University of International Business and Economics (UIBE) e Máster en Economía pola UIBE. Directora do Centro Venezolano de Estudos de China (CVEC), Profesora da Facultade de Ciencias Económicas e Sociais da Universidade Central de Venezuela (UCV), Especialista en Goberno e Políticas Públicas da Facultade de Ciencias Xurídicas e Políticas da UCV e Licenciada en Ciencias Estatísticas da UCV.