Punto arriba, punto abaixo, durante a longa campaña electoral que agora remata, Bush e Gore foron practicamente igualados. Asi o que o de hoxe será o día D, con d de desempate. Os eleitores norteamericanos elixirán o seu presidente número coarenta e tres. A pesar de que a impresión mediática é outra, en realidade, non o farán directamente. O sistema electoral é moi complexo. Cada un dos 50 estados elixe un número de delegados en función do seu peso demográfico. California, New York ou Texas son os estados de maior poboación, con 54, 33 e 32 delegados, respectivamente. Quen obteña maior número de delegados gaña as presidenciais, pero cun matiz moi importante: a aplicación do chamado winnwe takes all permite que o candidato que obteña máis votos nun estado acapare para si todos os delegados dese estado. Ese forte tirón explica que non soamente importe obter a maoría de sufraxios senón sobre todo a maioría dos delegados.
Dende 1960, a tradición indica que o candidato situado á fronte nos sondeos no Labour Day, que foi o pasado día 3 de setembro, debe confirmarse como gañador o 7 de novembro. De ser asi, Gore sería o beneficiado, pero o apretado da campaña e a incerteza do resultado pode descalabrar esta pequena máxima en prexuizo do candidato demócrata.
Pronto o saberemos.
