A victoria de Portillo Cabrera, discípulo do ex-dictador Rios Mont estreita o dificil camiño da reconciliación que non ingnore a memoria do silencio.
A caixa da paz abrírase o 29 de decembro de 1996, data na que se asinou o documento que puña fin ao derradeiro conflicto armado de centroamérica. Estímase, segundo oganizacións que traballan no campo dos dereitos humanos, que a guerra civil deixou en Guatemala uns 100.000 mortos, 45.000 desaparecidos e perto dun millón de desprazados.O Grupo de Axuda Mútuo (GAM) que aglutina a familires dos desaparecidos incrementa as cifras anteriores e estima que o conflicto causou uns 150.000 mortos, 45.000 desaparecidos, 100.000 viuvas, 250.000 horfos e unhas 420 aldeas arrasadas.
No informe do comisionado especial das Nacións Unidas e coordenador da Comisión para a Clarificación Histórica Christian Tomaschat, resumiu en marzo de 1999, (uns días antes da visita de Clinton), ás 3.600 paxinas do documento elaborado. Tomaschat diante do xefe do Estado, de representantes da igrexa, da TV e de familiares das víctimas aportou datos demoledores nos que se considera ao exército coma o culpable do 97% dos atropelos á poboación civil e a guerrilla do 3% dos mesmos.
A comezos de 1999, o PAN de Arzú ancabezaba todos os sondeos, mais tras da renuncia e posterior rectificación do candidato Oscar Berger, do descontento pola privatización da compañía telefónica, o intento de aumentar o presuposto incrementando o déficit público e das campañas negras de desacreditación mediática dos opositores…; as espectativas do Partido de Avanzada Nacional puxéronse costa arriba e só recibiu nas eleccións do domingo o 31% dos votos.
A falta de transparecia na privatización de Telgua (Telefónica de Guatemala), as denuncias de privilexios e corrupción na mesma, a subida das tarifas e o mal servizo que presta, foron obxecto permanente de duras críticas polos rivais políticos.
Por outra banda saíra á luz pública que o xerente da presidencia e candidato á deputado Mariano Rayo tiña obstaculizou a investigación do asasinato do bispo auxiliar da capital Monseñor Gerardi. Mariano Rayo era acusado de organizar cazas de bruxas e campañas negras contra da oposición nos medios de comunicación afíns.
Outro punto cuestionado do goberno liberal foi o empeño frustrado do Vicepresidente Luis Flores Asturias de incrementar o presuposto en máis de 3.000 millóns de Quetzais, para atender necesidades sociais, pero que provocou incerteza nunha economía que xa presentaba regulares prespectivas na inflacción, no tipo de cambio e nas taxas de interese.
Por último, as tensións entre o altual presidente Arzú e o candidato Oscar Berger tiñan tamén enfriado as boas espectativas que se prevían a comezos de ano.
Hai menos de cinco anos, o 14 de xaneiro de 1996 Álvaro Arzú Irigoyen tomara posesión do cargo de Presidente da República de Guatemala, plantexándose coma obxectivo fundamental do seu mandato rematar coas tres décadas de confrontación armada. Xa antes da chegada de Arzú, o camiño tiña dado os primeiros pasos e existían acordos globais sobre os dereitos humanos, do 29 de marzo de 1994, sobre o asentamento das poboacións desarraigadas polo enfrontamento armado, do 17 de xuño de 1994, sobre a posta en marcha dunha comisión para o esclarecemento histórico das violacións dos dereitos humanos e os feitos de violencia que tiñan causado sofrimento a poboación guatemalteca, do 23 de xuño do 1994, e o acordo sobre a identidade e os derereitos dos pobos indíxenas o 31 de marzo de 1995.
Tras da toma de posesión de Arzú, o calendario da Paz acelerouse e supuxo un novo impulso ao proceso de paz.O 6 de maio de 1996 asínase ao primeiro documento sobre cuestións sociais, económicas e da administración das terras. O 19 de setembro de 1996 rubrícase un novo documento no que se perfila o papel do exército nunha sociedade democrática e no fortalecemento das insticións democráticas e civís.Durante os meses de novembro e decembro do mesmo ano debatéronse temas fundamentais coma as reformas constitucionais e o novo sitema electoral, tratados en Estocolmo. A reincorporación á vida civil dos combatentes que foi asinado en Madrid. O asinamento dunha paz definitiva que foi perfilado en Oslo. O 4 de decembro de 1996 acordo sobre o definitivo cese do fogo. Por fín o 29 de decembro de 1996 foi a data histórica coa asinatura do acordo final de Paz entre o Goberno da República e a URNG.
A chegada ao poder de Álvaro Arzú, un home que provén do mundo empresarial, de adcripción demócrata-cristiana no Partido de Avanzada Nacional (PAN) e fortemente apoiado pola igrexa incrementou esperanza, que se afianzou ao comprobar que no Gabinete do novo presidente estaban persoas de grande credibilidade coma o ex-xesuíta Eduardo Stein e Gustavo Porras, quen nos anos 60 e 70 se movía en círculos da teoloxía da liberación. Xenerais constitucionalistas chegaron á cúpula militar como unha fenda nas herméticas forzas militares. 53 militares en activo foron pasados á reserva dentro das campañas contra da impunidade.
Nas eleccións presidenciais de 1995 derrotou ao agora triunfador, Alfonso Antonio Portillo Cabrera da Fronte Republicana Guatemalteca (FGR), home de palla do ex-dictador e presidente Rios Mont, apoiado daquela polas igrexas evanxelistas, que propuña man dura para acabar coa aténtica vaga de delincuencia que asolaba ao país. Agora un Portillo eufórico mantén un discurso máis populista e asegura que rematará coa enorme delincuencia do país centroamericano. O desconcertante Portillo tende agora a man á esquerda nacida da Gerrilla, pero asegura superala en progresismo.
Naquelas eleccións, a guerilla non se presentara pero fixera un chamamento á participación. Aínda así, houbo un altísimo grao de abstención, que dende a esquerda se interpretou coma a dificuldade que supuña elexir só entre neoautoritarismo e neoliberalismo.
A única novidade das eleccións do 95 foi a presentaciòn da Fronte Democrática para a Nova Guatemala (FDNG), creada sesenta días antes das eleccións por diversas organizacións populares e colectivos das clases medias, convertíndose na terceira forza do páis cun 7,7% dos votos, mais a moita distancia das outras dúas forzas. Esta forza conseguira o primeiro posto en tres grandes cidades e colocara no congreso a tres mulleres nun país machista: a Ninet Montenegro, fundadora dos Grupos de Apoio Mutuo do familiares de desaparecidos (GAM) e a dúas indíxenas: a dirixente da coordenadora nacional de viuvas de Guatemala (CONAVIGUA) e a Manuela Alvarado.
O 7 de novembro a Alianza Nueva Nación (ANN) que reicibiu o 12% dos sufraxios presentando coma candidato a Álvaro Colom un empresario que encabezaba a antiga guerrilla da URNG (Unión Revolucionaria Nacional de Guatemala) presentada en sociedade para a democracia da nova Guatemala.
O novo goberno nacerá hipotecado pola dificultade de darlle contido legal aos textos dos acordos de paz.