Escándalos en paralelo

A súbita aparición de dous confusos escándalos que involucran aos gobernos de Cristina Fernández de Kirchner (“caso Nisman”) e de Nicolás Maduro (“caso Leasmy Salazar”) calibran a complexidade dos contextos políticos que se abren en dous países, Arxentina e Venezuela, que afrontarán decisivas citas electorais ao longo de 2015. Neste sentido, o impacto político destes casos e, principalmente, a evolución das preferencias electorais de cara aos comicios pautados, definirán agudos retos para dúas vertentes políticas, o “post-kirchnerismo” e o “post-chavismo”, que pretenden conservar as súas respectivas hexemonías, contrarrestadas por contextos condicionados pola crise socioeconómica, a credibilidade internacional e as presións políticas internas e externas.

Apartados xeográficos Nacionalismos
Idiomas Galego

A súbita aparición de dous confusos escándalos que involucran aos gobernos de Cristina Fernández de Kirchner (“caso Nisman”) e de Nicolás Maduro (“caso Leasmy Salazar”) calibran a complexidade dos contextos políticos que se abren en dous países, Arxentina e Venezuela, que afrontarán decisivas citas electorais ao longo de 2015. Neste sentido, o impacto político destes casos e, principalmente, a evolución das preferencias electorais de cara aos comicios pautados, definirán agudos retos para dúas vertentes políticas, o “post-kirchnerismo” e o “post-chavismo”, que pretenden conservar as súas respectivas hexemonías, contrarrestadas por contextos condicionados pola crise socioeconómica, a credibilidade internacional e as presións políticas internas e externas.

Cuestión de coincidencia?

Compre por tanto explicar, dun xeito sucinto e preliminar, en qué se basean ambos casos e cal é a súa magnitude. O primeiro identifica ao fiscal arxentino Alberto Nisman, cuxa misteriosa morte acaecida o pasado 18 de xaneiro causou unha enorme conmoción nacional.

Desde 2006, Nisman investigaba unha aparente conexión entre Irán e a presidencia de Néstor Kirchner e da súa sucesora Cristina Fernández, presuntamente orientada a obstaculizar as investigacións xudiciais sobre os responsables do atentado terrorista cometido contra a Asociación Mutua Israelita en 1994, a cambio de presuntas vantaxes no subministro petroleiro iraniano.

A autoría intelectual deste atentado foi atribuída a Teherán, toda vez a operatividade do mesmo foi presuntamente realizada polo movemento islamita libanés Hizbulá, considerado por EUA e Israel como un grupo terrorista. Trala morte de Nisman, as investigacións actualmente en curso focalízanse en dirimir se o desaparecido fiscal cometeu suicidio ou, polo contrario, foi vítima dun asasinato, toda vez a tensión política aumenta ante as revelacións sobre unha aparente decisión de Nisman de solicitar o xuízo contra Cristina Fernández por presunto “encubrimento de terroristas”.

O segundo caso involucra, así mesmo, ao círculo de poder establecido en Venezuela trala morte do presidente Hugo Chávez desde 2013. A deserción a EUA acaecida a finais de xaneiro por parte de Leasmy Salazar, quen durante anos foi escolta persoal de Chávez e do actual vicepresidente e presidente da Asemblea Nacional, Diosdado Cabello, deu paso a unha serie de revelacións ante a DEA e as autoridades antidrogas estadounidenses, sobre a eventual existencia dun cartel de narcotráfico (de nome “O Cartel dos Soles”), dentro da cúpula do poder político e militar, presuntamente dirixido por Diosdado.

Ademais de revelar presuntos casos de corrupción desde comezos de 2013, así como detalles aparentemente descoñecidos sobre a morte de Chávez, Salazar igualmente identificou ante as autoridades estadounidenses a presunta existencia dunha rede de conexión financeira do goberno venezolano co Hizbulá libanés. Por tanto, os casos Nisman e Salazar interpretarían unha presunta conexión na que igualmente se traza unha liña de acusación cara Irán e o Hizbulá libanés.

Crises ante contextos electorais

Con todo, estas denuncias e investigacións sobre confusos escándalos políticos que apuntan directamente aos gobernos de Cristina K e Maduro ocorren baixo un difícil contexto de crise socioeconómica que, igualmente, condicionan as posibilidades electorais do “post-kirchnerismo” e do “post-chavismo” de cara próximos comicios a celebrarse a curto prazo.

Estes comicios son as presidenciais arxentinas pautadas para outubro próximo e as parlamentarias venezolanas, que deberán celebrarse durante o segundo semestre de 2015, con data aínda por definir. Ambos contextos compleméntanse cos problemas de financiamento existentes en dúas economías con dificultades de liquidez financeira, mais palpable no caso venezolano.

Durante o 2015, o goberno de Cristina K deberá acometer unha nova e difícil rolda de negociación sobre os prazos de pago da súa débeda pública cos acredores internacionais (oficial e coloquialmente denominados “fondos voitres”), cuxas expectativas moi probablemente influirán no contexto electoral presidencial. Neste sentido, está por ver en qué medida un “post-kirchnerismo” aínda sen candidato electoral pode garantir unha nova reelección, toda vez observa o avance doutras alternativas, en particular como a Fronte Renovador de Sergio Massa, xurdida das filas “kirchneristas”.

Como medida de auxilio financeiro, Bos Aires e Caracas buscaron en China ao socio económico estratéxico. A comezos de xaneiro, Maduro visitou China dentro dunha ampla xira internacional que levouno por Rusia e algúns países árabes. En Pequín, o mandatario venezolano recibiu a promesa dun novo empréstito chinés, valorado en US$ 20.000 millóns, destinado a reflotar unha economía lastrada pola falta de liquidez financeira, agravada pola caída dos prezos do petróleo e pola escaseza de produtos de primeira necesidade.

Pola súa banda, a comezos de febreiro, Cristina K realizou unha visita a Pequín, subscribindo mais de vinte acordos bilaterais co goberno chinés, principalmente en materia de infraestrutura hidroeléctrica e de convenios comerciais.

Co caso Nisman ocupando o centro neurálxico de atención para un goberno de Cristina K que tenta consolidar a súa credibilidade internacional e as expectativas electorais do “post-kirchnerismo”, o contexto venezolano loce visiblemente mais contrariado.

As presións, internas e externas, que intensifican a confusión sobre a consistencia do goberno de Maduro (e que incluso non desestiman a posibilidade dun derrocamento do mesmo vía golpe militar) veranse cada vez mais alentadas e  contrarrestadas polos efectos que poden causar as revelacións dende Washington ofrecidas polo “caso Salazar”. Todo isto baixo un contexto diplomático hemisférico orientado a fortalecer o éxito das misións exteriores (vía UNASUR) que actualmente se focalizan en unha solución á crise política venezolana.

Paralelamente, un sector radical da oposición venezolana (“La Salida”), con cada vez maior presenza internacional, está intensificando unha ofensiva diplomática en Europa, EUA e América Latina no cometido de desacreditar ao goberno de Maduro ante os síntomas de deterioro democrático, institucional e socioeconómico, así como da erosión das liberdades políticas, particularmente tomando en conta os casos dos denominados “presos políticos”, entre os que destaca o do ex alcalde Leopoldo López, preso en febreiro de 2014.

Igualmente, aumentan as suspicacias e unha forte matriz de opinión, dentro e fóra de Venezuela, sobre as presuntas conexións do “chavismo” cos novos movementos de esquerda en Europa, principalmente PODEMOS en España e Syriza en Grecia, e que se afianzan ante as respectivas felicitacións e declaracións de apoio por parte dos gobernos de Venezuela e Arxentina, tralo triunfo de Alexis Tsipras en Grecia e o avance na preferencia de voto da formación liderada por Pablo Iglesias dentro do concerto político español.

Cando Washington sanciona

Finalmente, e dentro dunha perspectiva colateral, o “post-kirchnerismo” e o “post-chavismo” deberán igualmente medir o impacto que terán os cambios na redefinición das relacións hemisféricas, particularmente ante as novas estratexias de Washington, na que destaca o impulso de sancións contra funcionarios venezolanos e arxentinos, toda vez a diplomacia de distensión cara Cuba pretendería crear un brete hemisférico de illamento cara o “post-chavismo” e o “post-kirchnerismo”.

Maduro ven denunciando desde comezos de febreiro unha presunta campaña de desestabilización orquestrada dende Washington para acabar co seu goberno, establecida a través da nova Estratexia de Seguridade Nacional 2015. Neste documento, Washington define a necesidade de acadar un “urxente consenso” hemisférico, vía UNASUR, CELAC e Carta Democrática Interamericana, para tentar “frear o deterioro democrático en Venezuela”.

Entre decembro de 2014 e comezos de febreiro de 2015, o goberno de Barack Obama, a través do Departamento de Estado, emitiu diversas sancións contra altos funcionarios venezolanos (entre os que destaca o propio Diosdado Cabello) por presuntos casos de corrupción, de empeoramento da vida socioeconómica dos seus cidadáns e de violacións de dereitos humanos durante os enfrontamentos acaecidos entre febreiro e abril de 2014.

Toda vez o goberno de Cristina Fernández solidarizouse co seu homólogo Maduro ante estas sancións, lexisladores estadounidenses  comezaron a discutir informalmente sobre a posibilidade de elevar sancións contra funcionarios arxentinos, presuntamente implicados na morte do fiscal Nisman. En perspectiva, os casos Nisman y Salazar, xunto coas respectivas crises socioeconómicas e as presións de diversos sectores dentro e fóra da Arxentina e Venezuela, son variables que anuncian e definen o momento mais crítico e incerto para o “post-kirchnerismo” e o “post-chavismo”.