20041012fallujah01

Inhumanidade no Iraq

Apartados xeográficos Oriente Médio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Clic para aumentar
O asalto destes días a Faluya é un mal síntoma: se non nos entregades "di o invasor" aos "insurxentes" e a Al Zarquai en particular, destruiremos a cidade. O que proba que os invasores pensan que un bo escarmento en Faluya, antes das eleccións de xaneiro, servirá de lección para todos, á par que se recorre ao que sexa "recompensas millonarias, delación, humillación…" con tal de que o escarmento sexa unha realidade visible para cada quen. E que técnica de terra queimada resolva o que non se sabe resolver. (Fotos: Interet-general.info, Faluya, outubro/2004).
Clic para aumentar
 

Á marxe de esforzos retóricos que xa ninguén toma en conta "levar a democracia ao Iraq, capturar as armas de destrución masiva, liberar ao pobo iraquí da ditadura de Hasam, etc-, cada día é máis claro que as razóns son outras, únicas que xustificarían a crueldade e custes dunha guerra tan ilegal: facerse o invasor cunhas reservas de petróleo das máis importantes do mundo e con bases militares para o dominio xeoplolítico da zona.

Pero están saíndolle moi mal as contas: loita armada que medra en espazo e en intensidade, e en eficacia, negativa de parte das tropas invasoras a realizar transportes por non teren garantías de seguridade, dificultades moi serias para obter repostos de material bélico, co risco de menor operatividade no combate, loita armada espallándose por todo o país, desprestixio no mundo enteiro, anovado noxo dos países árabes e musulmáns a Occidente en xeral e aos EEUU en particular…

O asalto destes días a Faluya é un mal síntoma: se non nos entregades "di o invasor" aos "insurxentes" e a Al Zarquai en particular, destruiremos a cidade. O que proba que os invasores pensan que un bo escarmento en Faluya, antes das eleccións de xaneiro, servirá de lección para todos, á par que se recorre ao que sexa "recompensas millonarias, delación, humillación…" con tal de que o escarmento sexa unha realidade visible para cada quen. E que técnica de terra queimada resolva o que non se sabe resolver.

Parece claro que a idea de permanencia e de asentamento no país é a que barallan os invasores. O medo, a barbarie xeneralizada, a política de terra queimada que Israel lles ensinou aos invasores, coido que proban que a idea é a de permanecer e non a de retirarse. Agárdanos aínda moita barbarie, moita máis da xa coñecida. E todo co silencio cómplice e culpable dos países de Occidente. Isto si que é unha vergonza. Pero tampouco os países árabes e musulmáns semella que fagan moito polo pobo iraquí.

As eleccións de novembro, para máis, van contribuír a que o belicismo se aviveza en procura dunha maior eficacia "ad maiorem gloriam" do emperador Bush. O que, por outra banda, robustece a idea de que a inhumanidade de sempre vai ir en aumento. Un sinte noxo da propia especie. Por máis que iso non leve a ningures.