Só 49.641 votos separan ao país
O domingo 7 de xuño estaban convocados máis de vinte e sete millóns de peruanos. E despois de máis de vinte días de espera a Oficina Nacional de Procesos Electorais pechou o cómputo ao 100%, Keiko Fujimori gañara a segunda volta co 50,135% dos votos válidos, fronte ao 49,865% de Roberto Sánchez. Separáronos 49.641 sufraxios, menos de tres décimas de punto (Infobae Perú, 2026a). É unha das marxes máis estreitas da historia electoral do país e converte a Fujimori na primeira muller que presidirá o Perú.
Chega ao cargo na súa cuarta tentativa, despois de perder as segundas voltas de 2011, 2016 e 2021. Dous feitos explican que por fin rompera o seu teito histórico: a primera é a morte do seu pai, Alberto Fujimori, que, no ano 2023, pechou un capítulo que mantiña viva a ferida do fujimorismo na memoria colectiva e o arquivo definitivo do caso Cócteles en xaneiro de 2026, despois de que o Tribunal Constitucional resolvera que as achegas de campaña previas a 2016 non podían cualificarse como branqueo de capitais, liberouna da presión xudicial que marcara as súas campañas anteriores (Infobae Perú, 2026a).
Os dous finalistas sumaran na primeira volta apenas o 29,22% dos votos, o rexistro máis baixo para dúas candidaturas na historia peruana (France 24, 2026b). Ambos representan minorías nun electorado que desconfía da súa clase política por iso, o voto dos peruanos no exterior, inclinouse con claridade cara a Fujimori, preto do 63% (Infobae Perú, 2026b), mentres Sánchez se impoñía no interior rural. A xornada deixou ademais un récord de votos nulos e máis de sete millóns de abstencións, pese ao carácter obrigatorio do sufraxio (El Comercio, 2026).
A diferenza de menos de tres décimas retrata un país dividido en dous bloques case idénticos en tamaño (Excélsior, 2026). A fractura ten un compoñente territorial e de clase. Mentras que, Fujimori gañou na costa, nas cidades e entre a diáspora. Sánchez impúxose na serra sur e na selva, os territorios onde o discurso de reivindicación do Perú rural mantén forza desde 2021. Ademáis, este reparto leva consigo dúas memorias diferentes xa que, mentres contra Fujimori pesa o antifujimorismo, alimentado polo recordo do autoritarismo e a corrupción dos anos noventa do seu pai. Contra Sánchez pesa a súa asociación co goberno de Pedro Castillo, lembrado como un período de desorde e improvisación (La Nación, 2026). Sánchez fixo campaña co sombreiro característico de Castillo e prometeu liberalo (France 24, 2026b).
Dúas cámaras para frear as destitucións
Fujimori gobernará nun marco institucional distinto ao que devorou os seus predecesores. O 28 de xullo de 2026, o Congreso volve ser bicameral despois de tres décadas, con 130 deputados e 60 senadores (France 24, 2026a). O cambio reorganiza o mecanismo de vacancia que mantivo o país nun ciclo permanente de crises desde 2016.
A vacancia presidencial pasa a ter dúas etapas: Os deputados deben propoñela e aprobala primeiro e despois pasa ao Senado, que ten a última palabra. As dúas cámaras precisan unha maioría de dous terzos: polo menos 87 votos de 130 en Deputados e 40 de 60 no Senado (Directorio Legislativo, 2026). O presidente pode disolver a Cámara de Deputados, pero non o Senado, que actúa como cámara de contención (Gestión, 2026). Isto obriga a construír consensos en dúas instancias e encarece calquera intento de destitución.
Queda unha fenda aberta que, nos próximos anos, veremos se leva a máis problemas dentro da complexidade do sistema peruano. Os lexisladores non chegaron a definir que significa a “incapacidade moral permanente”, a causal coa que o Congreso removeu varios presidentes na última década. Mentres esa figura siga sen regular, a caída dun goberno seguirá dependendo da aritmética parlamentaria (France 24, 2026a). Resulta paradoxal que sexa o fujimorismo quen herde este deseño debido a que foi precisamente o réxime de Alberto Fujimori o que eliminou o Senado en 1993, e foi un referendo de 2018 o que rexeitou a bicameralidade cun 90% en contra. O Congreso reintroduciuna en 2024 sen volver consultar a cidadanía (Directorio Legislativo, 2026; PUCP, 2024).
As perspectivas do mandato de Fujimori
Ilustración 1. Quen controla cada cámara e porqué será máis difícil a destitución presidencial?

Fuerza Popular foi a forza máis votada nas dúas cámaras, pero non logrou maioría absoluta en ningunha. Controla preto de 41 dos 130 deputados e 22 dos 60 senadores, nun Congreso onde só seis partidos obtiveron representación (Expreso, 2026; Perú21, 2026).
Esto leva a que Fujimori se encontre entre duas bandas: Por unha delas, con 22 senadores, o fujimorismo supera por si só o terzo necesario para bloquear unha vacancia, que require corenta votos no Senado. Ningún presidente da última década chegou ao cargo cunha rede de seguridade semellante fronte á súa propia destitución. Mentras que, pola outra, eses mesmos números complican gobernar xa que, sen maioría, Fujimori dependerá de pactos coa dereita parlamentaria para sacar adiante a súa axenda, mentres Juntos por el Perú, segunda forza nas dúas cámaras, exerce de oposición principal. A gobernabilidade dependerá menos do resultado das urnas que da súa capacidade de tecer alianzas estables (La Nación, 2026).
A todo isto, os desafíos son inmediatos no país. A inseguridade, coas extorsións e o crime organizado en aumento, encabeza as preocupacións cidadás. A iso súmanse a desaceleración económica e a xestión da migración. A elas engádese a súa propia situación xudicial, porque a Fiscalía apelou o arquivo do caso Cócteles e o proceso segue pendente de resolución (Infobae Perú, 2026a).
Con todo o contexto que estivemos a contar, Fujimori toma posesión o 28 de xullo cun país partido pola metade e cunha promesa difícil de cumprir. Por primeira vez en dez anos, o deseño institucional dálle a un presidente a oportunidade de rematar o mandato. Que o consiga dependerá de se é quen de gobernar tamén para o medio país que non a votou.
Referencias bibliográficas:
Directorio Legislativo. (2026, abril). Perú. Elecciones presidenciales y legislativas 2026: informe preelectoral. https://alertas-v3.directoriolegislativo.org
El Comercio (Perú). (2026, 29 de xuño). Resultados segunda vuelta Elecciones Perú 2026: conteo ONPE y quién gana entre Keiko Fujimori y Roberto Sánchez. https://elcomercio.pe/politica/elecciones/resultados-segunda-vuelta-elecciones-peru-2026-en-vivo-conteo-onpe-flash-electoral-y-quien-gana-entre-keiko-fujimori-y-roberto-sanchez-hoy-7-de-junio-noticia/
Excélsior. (2026, 29 de xuño). Keiko Fujimori es electa presidenta de Perú tras concluir escrutinio. https://www.excelsior.com.mx/internacional/keiko-fujimori-es-electa-presidenta-peru-tras-concluir-escrutinio
France 24. (2026a, 8 de abril). ¿Puede el regreso al Congreso bicameral contribuir a la estabilidad política en Perú? https://www.france24.com/es/américa-latina/20260408-puede-el-regreso-al-congreso-bicameral-contribuir-a-la-estabilidad-política-en-perú
France 24. (2026b, 3 de xuño). Balotaje en Perú: ¿cuáles son las propuestas de Keiko Fujimori y de Roberto Sánchez? https://www.france24.com/es/américa-latina/20260603-balotaje-en-perú-cuáles-son-las-propuestas-de-keiko-fujimori-y-de-roberto-sánchez
Gestión. (2026, 27 de febreiro). Elecciones 2026: ¿cómo funcionará el nuevo Congreso? Guía clave sobre la Cámara de Diputados y el Senado. https://gestion.pe/peru/politica/elecciones-2026-como-funcionara-el-nuevo-congreso-guia-clave-sobre-la-camara-de-diputados-y-el-senado-noticia/
Infobae Perú. (2026a, 29 de xuño). Keiko Fujimori es la nueva presidenta del Perú: en su cuarto intento, la heredera del fujimorismo llega por fin a Palacio de Gobierno. https://www.infobae.com/peru/2026/06/29/keiko-fujimori-es-la-nueva-presidenta-del-peru-en-su-cuarto-intento-la-heredera-del-fujimorismo-llega-por-fin-a-palacio-de-gobierno/
Infobae Perú. (2026b, 9 de xuño). Votos del extranjero en la segunda vuelta en Perú 2026: estos son los resultados parciales de la ONPE. https://www.infobae.com/peru/2026/06/09/votos-del-extranjero-de-la-segunda-vuelta-2026-en-peru-asi-va-el-conteo-de-la-onpe-por-continente-entre-keiko-fujimori-y-roberto-sanchez/
La Nación. (2026, 7 de xuño). Quiénes son Roberto Sánchez y Keiko Fujimori y qué puede decidir la carrera por presidir el inestable Perú. https://www.lanacion.com.ar/el-mundo/quienes-son-roberto-sanchez-y-keiko-fujimori-y-que-puede-decidir-la-carrera-por-presidir-el-nid07062026/
Perú21. (2026, 21 de abril). Elecciones 2026: así quedaría conformado el nuevo Congreso. https://peru21.pe/politica/elecciones-2026-asi-quedaria-conformado-el-nuevo-congreso/
Pontificia Universidad Católica del Perú [PUCP], Facultad de Derecho. (2024, 13 de marzo). Retorno a la bicameralidad y otras reformas constitucionales: la voz del pueblo ya no es la voz de Dios. https://facultad-derecho.pucp.edu.pe/ventana-juridica/retorno-a-la-bicameralidad-y-otras-reformas-constitucionales-la-voz-del-pueblo-ya-no-es-la-voz-de-dios/
Expreso (Perú). (2026, xuño). Conteo ONPE al 100%: lista de los 60 senadores y 130 diputados electos del Congreso Bicameral 2026-2031. https://www.expreso.com.pe/politica/conteo-onpe-al-100-lista-de-los-60-senadores-y-130-diputados-electos-del-congreso-bicameral-2026-2031-elecciones-2026-fuerza-popular-juntos-por-el-peru-noticia/1294620/

