Imos facernos unha pregunta: como pode unha sinfonía ou un concerto abrir portas que a política tradicional non consegue? A resposta está na capacidade da música para tocar a alma humana e conectar as persoas. Esa forza foi clave no desenvolvemento da diplomacia musical, converténdose nun motor de intercambio cultural e entendemento mutuo.
A historia está chea de exemplos de como a música foi utilizada como ferramenta estratéxica nas relacións internacionais. Un exemplo clave foi o traballo do compositor Aaron Copland nas décadas de 1940 e 1950, cuxas xiras por América Latina non só compartían a súa música, senón que tamén representaban a nación.*1 Outros músicos estadounidenses, como Louis Armstrong, Dizzy Gillespie e Duke Ellington, realizaron xiras que, ademais de entreter, foron verdadeiras misións diplomáticas. Durante a Guerra Fría, as xiras de jazz mostraron ao mundo que os Estados Unidos podían ser un referente cultural, máis aló da política e da guerra.

Hoxe, a diplomacia musical segue sendo fundamental nun mundo globalizado onde as distancias se reducen, aínda que os desafíos culturais e políticos resultan máis complexos. O recente lanzamento da Global Music Diplomacy Initiative polo Departamento de Estado dos Estados Unidos reafirma o papel vital da música nas políticas internacionais, promovendo a paz a través de programas de mentoría para artistas e iniciativas educativas.
No evento de lanzamento, o Secretario de Estado Antony Blinken, xunto con destacados líderes e artistas como Herbie Hancock. A programación da iniciativa inclúe viaxes de bandas americanas a 30 países, envíos artísticos a Oriente Medio e China, e a realización da Harmundi International Music Summit. En xuño de 2024, establecéronse novas colaboracións, por exemplo, coa plataforma YouTube, e foron nomeados os primeiros embaxadores globais da música.
A música, que outrora se presentaba como arma contra ideoloxías antagonistas, hoxe se vende como a solución máxica para resolver conflitos e construír pontes entre culturas. Segundo o concepto de “poder brando” de Joseph Nye, a diplomacia cultural preséntase a vantaxe de influír a través de valores e atractivos culturais, pero nunha perspectiva máis pragmática, é unha ferramenta calculada que os estados empregan para moldear opinións e crear condicións favorables aos seus intereses, sen empregar a forza. Longe de ser un mero intercambio de valores inspiradores, trátase dunha operación de imaxe e comunicación, onde as políticas públicas se utilizan para forxar alianzas e vantaxes que, na práctica, melloran a posición internacional dun país.
Nos seguintes artigos desta serie exploraremos a diplomacia musical desde os seus primeiros casos históricos ata as iniciativas contemporáneas, examinando proxectos culturais que buscan, con certa dose de estrategia, tender pontes entre países, así como as críticas e controvertidas implicacións deste instrumento político.


- Descubre máis sobre esta iniciativa: Global Music Diplomacy Initiative
- Conferencia de Carol Hess sobre a labor de Aaron Copland en Latinoamérica (subtítulos automáticos traducidos ao castelán).
- 1*(O “Salón México”, estrenado en 1936 polo compositor, é unha obra que exemplifica o compromiso político e cultural da súa época, actuando como un potente vehículo de divulgación e conexión entre culturas. Descobre esta icónica composición escoitándoa aquí: El “Salón México”.).

