Nas Perspectivas do IGADI Annual Report 21-22
Gustavo Petro fíxose coas eleccións colombianas do 19 de xuño do 2022

Nova onda progresista nas Américas?

En 11 das 12 eleccións presidenciais que se completaron en América Latina desde 2019, a votación levou ao cambio de partido no poder. A excepción a esta nova norma foi só a da República de Nicaragua, a da moi polémica, de Daniel Ortega. 
Apartados xeográficos Nacionalismos
Idiomas Galego

En 11 das 12 eleccións presidenciais que se completaron en América Latina desde 2019, a votación levou ao cambio de partido no poder. A excepción a esta nova norma foi só a da República de Nicaragua, a da moi polémica, de Daniel Ortega. 

A crise crónica no económico e social, desde a crise do 2008, incitou un malestar latinoamericano que anima o péndulo latinoamericano entre as esquerda e a dereita, e que volta perfilado pola esquerda, con fenómenos vellos mais tamén con formas novas coma o liderado de Boric en Chile.

Hoxe, América Latina está tan polarizada como o resto de Occidente, desgarrada por debates vellos e novos, con guerras por Twitter e as redes sociais, e sobre todo, pola desigualdade económica que non só non acaba de desaparecer, se non que obsérvanse moi vulnerables aos cambios abruptos, como a pandemia ou agora o aumento de prezos xeneralizado, poñendo en crise indicadores sociais elementais de necesidades humanas, como as axencias de Nacións Unidas advirten de maneira reiterada.

Se algo de novo parece agromar na política latinoamericana é un novo consenso case ao marxe dos seus polos máis ortodoxos, da esquerda á dereita, solicitando unha posición latinoamericana, na escalada da confrontación global entre China e Estados Unidos. A procura dun camiño verdadeiramente independente, tamén na dereita americana que tamén fai negocios coa China e co novo mundo multipolar que agroma. 

Por detrás, o cambio de ciclo, o cambio do péndulo, que trala onda conservadora de gobernos latinoamericanos durante a década dos 20, acelera o cambio amosado entre 2020 e 2021, os candidatos de esquerda gañaron na maioría dos comicios celebrados na rexión: Luis Arce no Estado plurinacional de Bolivia, Pedro Castillo en Perú, Xiomara Castro en Honduras e Gabriel Boric en Chile, ademais do caso especial de Nicaragua.  Esta postura, que pode afondarse ou relativizarse, tras as eleccións deste ano na República Federativa do Brasil e  a República de Colombia, son as máis importante da rexión, na que a República de Costa Rica reforza a onda progresista (con moitos matices entre eles, ligados a cultura política de cada país) coa vitoria o 3 de abril, de  Rodrigo Alberto Chaves Robles, do novo Partido Progreso Social Democrático. 

A primeira volta das eleccións presidenciais colombianas está prevista para o 29 de maio (máis de dous meses despois das eleccións lexislativas de marzo) e a posible segunda volta para o 19 de xuño.

En cambio, todo apunta a que Brasil irá a un choque de polos nas súas eleccións de outubro entre o actual presidente da extrema dereita Jair Bolsonaro e o expresidente de esquerda Luiz Inácio Lula da Silva (2003-2010), o que sería, sen dúbida a consolidación do péndulo latinoamericano cara a esquerda na década dos 20.

O gran reto dos gobernos latinoamericanos segue sendo atender as demandas de mellores servizos públicos e seguridade social, así como á redución da desigualdade, e moito máis alá, no fortalecemento das institucións públicas e a gobernanza democrática e a loita contra a corrupción, tan conectada ás importantes tramas de economía informal ligadas ao narcotráfico e demais industrias ilegais.

Realizar esta tarefa será difícil nunha América Latina cun crecemento económico moderado (cerca do 3% en 2022, segundo a Comisión Económica para América Latina e o Caribe, CEPAL), presión inflacionista e maior débeda pública, coas incertezas dunha economía mundial en turbulencia a escala, filla das consecuencias da Guerra en Ucraína.