O “Cholo”, ¿Un novo “Chino”?

Apartados xeográficos Nacionalismos ARQUIVO
Idiomas Galego

O "cholo", Alejandro Toledo forma parte da maioritaria poboación indíxena do Perú. Pola contra o "Chino" Fujimori pertence a ese 11% de orixe xaponesa e chinesa. Ambos son os antitéticos polos que contenderán na segunda rolda das eleccións presidencias. Mais ambos teñen moito máis en común do que manifestan. Profesan unha firme crenza na economía de mercado, na empresa e no liberalismo económico. Prometen rebaixas fiscais para fomentar a iniciativa privada e traballar polos pobres.

Cando no ano 1990 Alberto Fufimori se presentou as eleccións tivo que competir duramente co afamado escritor Mario Vargas Llosa. Este, coa férrea convicción que profesan os neoconversos, renegaba do estado social para ser crente das bondades do libre mercado.

Fujimori significaba o equilibrio ante tanta desmesura neoliberal nun país, onde máis da metade da poboación está por baixo do limiar da pobreza. Ao "chino" chovíanlle felicitacións e telegramas de ánimo de todos os que temían os efectos dun mercado ao servizo dos intereses ecómicos. El lanzaba constantes mensaxes en defensa de todos os peruanos, especialmente dos máis pobres. A criatura, agarimosamente criada por todos, foi moi útil, pero,agora, semella enfermo de poder e acabou converténndose nun monstro pouco presentable en sociedade internacional.

A historía repítitese. Nas eleccións do 2000 é Alejandro Toledo o receptor do respaldo internacional e promete igualmente traballar para todos os peruanos, especialmente os máis pobres. Con este fin oferta medicamentos xenéricos, seguridade social para os necesitados, mellora substancial na educación, seguros agrarios, descentralización administrativa e autonomía…

Cando Alberto Fujimori chegou ao poder non tivo tempo para políticas de cohesión social. Nos dous últimos anos o PIB caera un 20%, a inflacción medíase con catro díxitos e a credibilidade do Perú nos organismos financeiros internacionales era 0.

Durante a década dos 80 houbera 17.000 mortos nos conflictos coas guerrillas Tupac Amaru e Sendeiro Luminoso e o 45% do país era considerado zona de emerxencia.

A súa acción de goberno pegou un xiro de 180º con respecto que puxo en marcha Alén García, con penosos resultados. Voltou aos brazos do BM e do FMI, que dictou un programa marcadamente liberal, con privatizaciones sonadas no sector público que chegou ata a mesma seguridade social. Reduciu o sector público, flexibilizou do mercado laboral e abriu os mercados á competencia exterior para reducir a inflacción.

Propúxose acabar coas guerrillas, sen reparar no tipo de medios a utilizar. A medida que colleitaba éxitos na loita contra das guerrillas e contra da inflacción, foi desprendéndose das vestimentas democráticas que o recobrían durante a campaña electoral. As desigualdades mantiveronse e a febles empresas que non soportaron o vigor das industrias extranxeiras, sucumbiron cos seus empregados. Os programas sociais como os da axuda alimentaria dos que se beneficia o 40% da poboación teñen un alto compoñente de instrumento de chantaxe e dependencia do poder.

Alejandro Toledo non desperta demasiadas espectativas de cambio no campo económico. Tampouco a súa visión do labor política inspira confianza e asemellase a da empresa privada. "Non somos politicos profesionais, nin nos parecemos nin queremos parecernos a ningún dos partido políticos existentes. Somos profesionais exitosos nas diferentes profesións".

Se hay algo no Cholo que aínda nos cautiva e ese orgullo indíxena, esa ligazón coa terra, as súas proclamadas conviccións democráticas e as súas promesas de restauración das liberdades e do estado de dereito.

Faremos votos para que non gañe Fujimori ou a súa reencarnación.