Especial Ampliación da Unión Europea & Ucraína
image 80

O Club Europeo: Como conseguir ser membro e porque Ucraína aínda agarda a súa quenda

Este artigo enmárcase nunha iniciativa conxunta entre o IGADI e o alumnado de segundo curso do Grao en Relacións Internacionais da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo. No marco desta actividade, o estudantado da materia “Institucións e Políticas da Unión Europea” no curso 2024/25 tivo a oportunidade de presentar entradas de blog sobre o tema “Ampliación da Unión Europea & Ucraína”. O IGADI seleccionou catro destas propostas para as publicar, atendendo a criterios de calidade, orixinalidade e adecuación á súa liña editorial. O propósito desta colaboración é achegar o alumnado á dinámica de traballo dun think tank, brindándolle unha plataforma para poder expresar os seus puntos de vista sobre cuestións clave das relacións internacionais contemporáneas e compartilas cun público máis amplo. Ademais, a iniciativa busca subliñar a importancia de pensarmos as relacións internacionais e o proceso de integración europea dende unha perspectiva galega, en sintonía co lema da UE: unida na diversidade.
Liñas de investigación União Europeia
Palabras chave UE Unión Europea Ucraína

É un feito ben coñecido que países fóra de Europa, como Australia ou Israel, poden participar no Festival de Eurovisión, excitando ao público coas súas pegadizas cancións e actuacións vibrantes. Este fenómeno non só reflicte a inclusividade do concurso, senón que tamén revela un espírito de colaboración e unidade a miúdo relacionado coa Unión Europea.

A maioría da xente argumenta que este tipo de participación distorsiona a esencia do que significa ser membro de Europa, creando dúbidas sobre os seus criterios de pertenza a este “club” europeo.

Do mesmo xeito que no Festival de Eurovisión, o proceso de adhesión dun país para ser membro da UE está cheo de dificultades, obstáculos e, nalgúns casos, xiros inesperados. Mentres Ucraína busca a adhesión á UE, o camiño para alcanzalo é máis complicado que simplemente enviar unha solicitude.

O obxectivo deste artigo é explorar a complexidade do acceso á Unión Europea, usando Ucraína como exemplo, e amosar como estes países candidatos afrontan moitos retos e demandas para gañar este status, moi similar a como os concursantes de Eurovisión dan o mellor de si mesmos para impresionar ao xurado e ao público para gañar o cobizado micrófono de cristal.

Tícket válido para a UE?

Unirse á UE non é tan sinxelo coma mercar un tícket ou manifestar o teu interese en ser membro. Se realmente desexas formar parte deste “club”, debes seguir e cumprir algúns criterios, requisitos e controis. De acordo co artigo 49 do Tratado da Unión Europea, calquera Estado europeo que respecte os valores comúns mantidos polos Estados membros da UE e secomprometa a promovelos (art. 2 TUE) pode ser membro da UE.

Pero tamén, segundo os criteriosdeCopenhague, debes cumprir un criterio político (institucións estables que garanten a democracia, os dereitos humanos, a protección das minorías…), económico (economía de mercado en funcionamento) e un criterio legal (capacidade para asumir as obrigacións de pertenza). Se como país cumpriches todos estes, podes conseguir un tícket para a montaña rusa da Unión Europea; sen embargo, esta viaxe pode estar chea de loopingsou subidas e baixadas…

O proceso de adhesión á UE coma unha montaña rusa

image 79

Descenso con freos: Ucraína e o seu camiño cara á UE

image 8fewa0

En primeiro lugar, é importante considerar certos factores económicos, sociais e políticos que teñen influencia sobre esta situación, para entender por qué Ucraína está paralizada no seu proceso de adhesión á Unión Europea.

A pesar do desexo expresado por Ucraína de formar parte desta organización internacional e de todos os esforzos feitos para avanzar en diferentes aspectos relevantes dos criterios de Copenhague, como a reforma do seu sistema xudicial e dos seus órganos ou a protección dos dereitos das minorías nacionais, a súa adhesión se atopou con moitos obstáculos, como a inestabilidade política ou o conflito armado, que dificultaron moito a realización destas reformas necesarias.

Ademais, a guerra contra Rusia e tódalas súas consecuencias, como a crise humanitaria, desviaron a atención e os recursos cara a outros aspectos, deixando de lado este proceso de integración.

Esta situación pódese comparar coa situación doutro estado candidato: Turquía, que foi engadido a esta lista desde 1987 e, como Ucraína, o seu proceso de adhesión á UE tamén se complicou.

Turquía enfróntase a problemas internos que complicaron a súa capacidade para cumprir cos criterios de Copenhague ou o acervo da UE, xa que implementa prácticas que contradín o que se require para a entrada na UE, como a falta de reformas democráticas, o respecto polos dereitos humanos ou a regulación do mercado.

Ucraína e Turquía representan exemplos de como os problemas internos e externos poden dificultar os esforzos de integración na UE, subliñando a complexidade das políticas europeas e os seus requisitos para a adhesión. Outros países que agardan a súa quenda xunto a Ucraína e Turquía son Montenegro, Serbia, Albania, Macedonia do Norte, Ucraína, Moldavia, Xeorxia ou Bosnia e Hercegovina.

Ucraína no seu camiño cara á UE: ¿Atopará a liña de meta?

Dicir que vivimos nunha sociedade globalizada sen fronteiras é unha verdade indiscutible. Non obstante, aínda que isto é xeralmente certo, existen cuestións políticas, xurídicas ou económicas nun contexto xeopolítico como o actual, que nos permiten cuestionalo.

Un exemplo claro destas contradicións é o proceso de adhesión de Ucraína á Unión Europea, xa que, mentres intenta achegarse aos estándares democráticos, económicos e sociais da UE e afastarse da influencia rusa, o seu camiño cara á pertenza é complicado: a guerra con Rusia representa o maior obstáculo, non só pola inestabilidade que xera, senón porque redefine as dinámicas de poder na rexión.

Aínda que a UE expresou o seu apoio á candidatura de Ucraína, este apoio non é só un acto de solidariedade, senón tamén unha estratexia cos seus propios intereses (aínda que este é un debate que ben se podería deixar para outro capítulo do blog). A verdade é que a adhesión dun país non depende só do cumprimento dunha serie de requisitos formais ou burocráticos, senón que debe sincronizarse cun momento e unhas circunstancias favorables para quen ten dereito a ser admitido.

Recentemente, puidemos ler e ver nos medios de comunicación declaracións de líderes mundiais que se manifestan sobre as tarifas, as restricións á inmigración ou a re configuración das organizacións internacionais. Estas declaracións confirman que a globalización non é un proceso lineal nin absoluto e fan que cuestionemos a certeza da afirmación inicial.

O aforismo clásico de que “a unidade fai a forza” hoxe suscita escepticismo, con voces críticas que prefiren inclinarse cara a unha posición de independencia ou “divide e gañarás”. A adhesión de Ucraína á UE é unha chamada de atención clara de que, aínda que o mundo se move cara a unha maior integración, as fronteiras, tanto físicas como políticas, seguen a ser un factor determinante nas relacións internacionais.

Bibliografía