As diferencias entre as espectativas dos candidatos Vázquez e Battle son mínimas. As últimas enquisas publicadas polo xornal "El País" dan como resultado un empate técnico polo que os responsables de campaña ensaian as últimas estratexias.
Os oficialistas colorados dan por esgotada a campaña do medo á inestabilidade marxista que traería unha victoria de Tabaré Vázquez e céntranse en atacar ao EP-FA por pretender implantar o IRPF(Imposto sobre o Rendemento das Persoas Físicas). Mentres o Frente Amplio ten previsto para o día de hoxe 100.000 reunións para captar aos posibles electores indecisos.
Os reponsables da campaña colorada saben que o acordo cos "Blancos" non terá coma resultado a suma dos votos obtidos por ambas formacións o 31 de outubro, polo que ensaian novas tácticas para asegurar a victoria e semellan ter atopado un bo filón.
O tema da ameaza marxista xa está esgotado. Poucos uruguaios pensan que Vázquez sexa un irresponsable que leve o país cara a inestabilidade, maís ben consideran que os últimos gobernos colorados e brancos son os causantes do clima de inestabilidade e inseguridade que viven.
Dende que comezou a campaña para a segunda volta, difúndense anuncios en xornais, radio e vallas publicitarias sobre a perversidade do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, con abundantes e insaciables inspectores de facenda. Sobre este imposto cae unha inmensa batería das máis variadas acusacións: será un imposto que acabe coa clase media uruguaia. Favorecerá aos ricos. Un tercio dos xubilados pagarán máis. Non existe unha capacidade e estructura adecuada na administración uruguaia para por en marcha este imposto. Os máis poderosos poderán evadir impostos con máis facilidade. Non se pode aceptar unha intromisión do Estado na vida privada dos uruguaios coma son seus ingresos anuais, o IRPF xa fracasou co Partido Nacional e foi abolido coa dictadura…
Na ringleiras do EP-FA recoñecen que a campaña contra do IRPF tenlles mordido no electorado indeciso que potencialmente podería terse inclinado polo cambio e esfórzanse nas contraargumentacións. Os actuais impostos do IVA e o IMESI non teñen en conta a diferencia de ingresos. Os actuais impostos favorecen aos rendistas. O IRPF non se aplicará aos depósitos bancarios nin aos seus intereses. Queremos mudar o actual sistema tributario por outro que repartan máis xustamente as cargas tributarias. Co IRPF só un de cada dez persoas pagarán máis (aquelas que gañen máis de 50.000 pesos). O 80% dos xubilados pagarán menos. Uruguai terá que reducir o IVA no Mercosur xa que é o máis alto do espacio económico…
Os uruguaios prepáranse para o "balotage" do domingo. Este estrano vocablo que fixo sorte no Uruguai ven do termo francés "Balloter" no que os electores utilizaban unha boliña (Balota) para optar entre as dúas opcións máis votadas.
A sete días da 2ª volta o xornal oficialista "El País" sutúa a Batlle do 45% da intención de voto e a Vázquez co 42%. Hai unha semana a diferencia era dun só punto. Cecais o razonable medo cidadán aos impostos teña feito o seu efecto.
O centro esquerda pensa contratacar na noite de hoxe con 100.000 reunións paralelas, a maioría nas casas dos militantes, para que tentar captar os indecisos e conqueir un cambío histórico nas eleccións uruguaias.