Xa hai séculos, Maquiavelo, un dos teóricos máis influíntes no pensamento político occidental, facíase a seguinte pregunta: Que é mellor para un líder? Ser amado ou ser temido? Ao responder a esta cuestión, él asumía que “é moito máis seguro ser temido que ser amado”. Non obstante, hoxe en día, moitos países ensináronnos que ser admirado tamén pode producir resultados positivos.
Aínda que poida resultar difícil de crer, nos nosos tempos os países non só precisan grandes exércitos ou armas nucleares para gañar poder e influencia sobre outros. O poder xa non se exerce únicamente a través da imposición, senón tamén da influencia; hoxe en día, tamén se necesita música, películas, TikTokou mesmo comida rápida.
Dende o principio dos tempos, o poder das grandes potencias baseouse na forza e estivo estreitamente ligado á súa capacidade militar e económica: quen tiña máis armas, máis diñeiro ou ocupaba máis espazo nun mapa era quen marcaba as normas, esto e o que coñecemos como poder duro ou hardpower.
Mesmo antes de que Roma expandise o seu imperio, impoñendo o seu dominio coa PaxRomana, outros imperios máis antigos, como o asirio, actuaron de xeito similar, cunha estratexia baseada na forza militar e o terror para someter e controlar ós seus enemigos.
Máis tarde, noutros contextos históricos, esta estratexia continuou a utilizarse, como foi o caso do Imperio Británico nas Guerras do Opio, o modelo revolucionario francés de Napoleón Bonaparte, o xenocidio levado a cabo polos nazis na Segunda Guerra Mundial, o control do comunismo pola URSS en territorios orientais ou o papel dos Estados Unidos nas guerras de Iraq e Afganistán. Como podemos ver, non se trata só dunha, dúas ou tres potencias: moitas delas recorreron ao hardpower para impoñer o seu dominio ao longo da historia.
Non obstante, nos últimos anos, o mundo tivo que adaptarse á era dixital, pois as novas tecnoloxías non só transformaron a forma en que nos comunicamos, senón que tamén se converteron nun factor clave do proceso de globalización, e hoxe xogan un papel fundamental na reorganización do poder a nivel mundial; A capacidade económica ou o número de soldados xa non son determinantes. Aquí é onde entra o poder brando ou softpower.
Este concepto foi introducido por un profesor da Universidade de Harvard chamado Joseph Nye no seu libro de 1990, Bound to Lead: The Changing Nature of American Power, que posteriormente desenvolveu en Soft Power: The Means to Successin World Politics en 2004.
Segundo Nye, na política internacional, o poder brando refírese á capacidade dos estados para influír en lugar de coaccionar. Esta estratexia implica influír e moldear o comportamento dos demais a través do atractivo para acadar os obxectivos desexados.
O softpoweremprega ferramentas moi diferentes ás do hardpower, sendo tres principais: cultura, valores e política. A diferenza do poder duro, que se basea no control ou na imposición, o poder brando busca xerar nos demáis o desexo de que queiran ser coma ti, que te admiren e que compartan e adopten os teus valores, ideas e estilo de vida.
Agora ben, se o soft power resulta tan atractivo, moitos preguntaranse o seguinte… É suficiente o poder brando? Por qué o mundo entón segue a enfrontarse a guerras e conflitos armados? A resposta non é tan simple.
A influencia cultural pode chegar a cambiar percepcións, mais non é unha garantía absoluta á hora de resolver conflitos complexos. Precisamente por iso, figuras como Suzanne Nossel ou mesmo Nye, sinalan que o óptimo non é escoller entre soft ou hard power, senón combinalos estratexicamente. Esta estratexia é coñecida como smartpower,un concepto que implica saber cando é conveniente usar a imposición e cando a influencia para acadar obxectivos políticos ou estratéxicos.
Na actualidade, a xeopolítica aseméllase a un taboleiro de xadrez no que cada xogador move estratexicamente as súas pezas para acadar o ansiado xaque mate e derrotar o adversario. Pero o que moitos aínda non entenden é que, para gañar, non sempre é necesario vencer, tamen vale convencer.
Neste xogo, o soft power convértese na peza máis sutil, pero tamén na máis poderosa. É o peón que, a pesar de non ser o protagonista do taboleiro, polo seu alcance e efectos, logra cambiar o rumbo da partida e abrir xogadas alternativas para que os estados acaden os seus intereses sen recorrer, como primeira instancia, á violencia.
Probablemente, un bo xogador de xadrez nunca asinaría unhas táboas dende o inicio, soñando cunha vitoria demoledora. Mais, cando observa o custo das pezas sacrificadas ao longo da partida, comprende que a clave non está en forzar o movemento do rival, senón conseguir que o opoñente faga o movemento que máis lle convén, e esta pode ser a xogada máis intelixente. Non abonda con ver unha boa táctica; a verdadeira mestría está en ir máis alá, pois, como ben dicía o gran mestre do xadrez, Emanuel Lasker: “Cando vexas unha boa xogada, busca unha mellor”.
Agora ben, a teoría está clara, mais… como se aplica na práctica? No vindeiro artigo analizaremos o caso real dun Estado que apostou polo soft power como estratexia para gañar presenza e prestixio no mundo. Un caso que demostra que o soft power funciona, e moi ben.

