20080112 arifjan david petraeus e george bush

Pode que tamén Irán

Apartados xeográficos Oriente Médio ARQUIVO
Idiomas Galego
 David Petraeus e George Bush, clic para aumentar
O xeneral Petraeus (esquerda) foi nomeado por Bush (dereita) xefe do Mando Conxunto Central, o que na práctica significa que pasa a ser a máxima autoridade militar para Oriente Medio, Asia e África, incluído Afganistán. Un nomeamento que, xunto co antes exposto, pode debuxar un panorama desacougante. Malos agoiros, pois. (Foto: David Petraeus e George Bush na base estadounidense de Arifjan (Kuwait), en xaneiro de 2008).
 

Analistas de certa seriedade están a barallar, unha vez máis, a posibilidade dun ataque a Irán. O certo é que se botan de ver certos movementos e algúns feitos que poden ser tidos moi en conta e que avaliarían esa arrepiante posibilidade. Vexamos algúns exemplos.

Pénsase que o ataque que en Basora se dirixiu contra o exército, pro iranio, de Sádr foi concibido para neutralizar unhas forzas que, no suposto dun ataque a Irán, se porían da súa banda. Tratábase de eliminar un inimigo moi incómodo para o caso de que ese ataque se producise. As cousas saíron moi mal para o invasor, como sabemos.

Tan mal saíron que hai probas de que parte do exército de Maliki se negou a disparar contra os homes de Sádr e outra parte entrou nas milicias deste. Pero o fracaso desta operación, saudada por Bush como "histórica" aínda case nin iniciada, non parece que faga desistir ao invasor dos seus plans, se de certo son o ataque a Irán.

EEUU desprazou unha flota de barcos de guerra con avións diante da costa de Irán e concentrou forzas aéreas preto da fronteira con ese país. Forzas que, ao mesmo tempo e ademais, poderían ter a misión de anular as milicias de Sádr e neutralizar o seu apoio a Irán. E impedir que gañe as eleccións de outubro.

O xeneral Petraeus foi nomeado por Bush xefe do Mando Conxunto Central, o que na práctica significa que pasa a ser a máxima autoridade militar para Oriente Medio, Asia e África, incluído Afganistán. Un nomeamento que, xunto co antes exposto, pode debuxar un panorama desacougante. Malos agoiros, pois.