Tortura e cinismo

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Idiomas Galego
 Clic para aumentar
Sábese que os EEUU manteñen en todo o mundo 25 centros de tortura semellantes ao de Guantánamo. E, segundo un informe de Human Rights First, "mentres o público siga centrando a súa atención en Guantánamo, seguirá ignorando a existencia de 24 centros de detencións secretos". Pensan algúns que o Goberno mesmo está moi satisfeito da polémica sobre a base en territorio cubano: esa sería xustamente unha estratexia de distracción. (Foto: Campamento X-ray na baía de Guantánamo, en Cuba. Este campamento, con capacidade para 320 prisioneiros, foi pechado o 29/04/2002 e sustituído polo Campamento Delta, diseñado para aloxar a 2.000 internos).
 

Xa se cumpriron tres anos da chegada a Guantánamo dos primeiros presos da "guerra contra o terrorismo". De entón para acá, os EEUU víronse obrigados a grandes esforzos de cinismo para dar unha imaxe dixerible da barbarie que instauraron por mor daquela guerra. Tanto que, recentemente, trataron de idear o que eles chaman unha redefinición do concepto de tortura.

Na páxina de Internet do Departamento de Xustiza xa non se inclúe o contido anterior que determinaba a existencia de tortura, ou sexa, unha dor extrema e agoniante.

Agora xa sería tortura a angustia mental prolongada o mesmo que o sufrimento físico. Pero o documento non pode ser máis cínico: "A tortura "lese nel" é noxenta tanto para as leis e valores estadounidenses como para as normas internacionais".

Pero ao mesmo tempo, neste mes de xaneiro, tívose noticia de que o Goberno dos EEUU se dispón a crear as condicións necesarias "edificios carcerarios, maiormente" para a detención indefinida de presuntos terroristas para privalos do debido proceso legal. A información deuna o The Washington Post e ninguén a puxo en dúbida por máis que nela se aludía a unha fonte de alto rango do Goberno. E a revista Newsweek informa de que hai o proxecto de crear no Iraq "escuadróns da morte" á maneira do chamado modelo salvadoreño.

Á par de todo iso, sábese que os EEUU manteñen en todo o mundo 25 centros de tortura semellantes ao de Guantánamo. E, segundo un informe de Human Rights First, "mentres o público siga centrando a súa atención en Guantánamo, seguirá ignorando a existencia de 24 centros de detencións secretos". Pensan algúns que o Goberno mesmo está moi satisfeito da polémica sobre a base en territorio cubano: esa sería xustamente unha estratexia de distracción.

Do secretario de Xustiza, Mr. Gonzáles, falaremos outro día. Pecharemos este artigo dicindo que nin a Hitler se lle ocorreu "e se se lle ocorreu nunca a levou á práctica" unha tortura tan aldraxante e contraria á natureza humana como a de manter a presuntos terroristas, sen xuízo nin ningunha garantía civilizada, en prisión secreta e indefinida. Trátase dunha decisión máis que infernal, pois o inferno esixe un culpable. No inferno éntrase e non se sae. Aquí tamén, pero non se sabe por que.