Rolandas Paksas, recentemente elixido presidente de Lituania, declarou que o seu país apoiará a plena integración de Ucraína na Unión Europea e na OTAN. Esa integración, segundo di, permitirá que Lituania se sinta cun nivel de seguridade suficiente. Atribuíndo moita importancia á cooperación estratéxica no triángulo Lituania-Polonia-Ucraína, anunciou que no seu primeiro encontro internacional despois da toma de posesión, que será en febreiro co presidente polaco Kwasniewski, proporá a celebración dun cumio dos presidentes dos tres países para abordar pasos prácticos conxuntos para que Kiev acade o seu obxectivo estratéxico de ser membro da Comunidade Europea.
"Ucraína é un país de extraordinaria importancia para Europa como para deixala nun área de parachoques", asegurou. O apoio á idea da adhesión de Ucraína, como a de Turquía, Moldova e Israel, tamén foi expresada polo primeiro ministro italiano Berlusconi nun cumio celebrado en Croacia. Esa integración se considera necesaria "para que a Europa Unida poida competir dignamente coa única superpotencia mundial, Estados Unidos". Por outra banda, o presidente checo Havel dixo recentemente que Ucraína, ao igual que Belarús, nunca serán membros da Unión e únicamente por culpa deles mesmos.
As relacións de Ucraína con Occidente sufriron unha crise importante durante o ano año pasado debido á publicación de gravacións feitas supostamente no despacho do presidente ucraíno Kuchma, nas que se deduce a aprobación da venda de sistemas antiradar a Iraq. Isto motivou unha airada reacción, primeiro de EEUU, dado que Ucraína é o primeiro receptor no mundo en volume de axuda norteamericana. Recoñecendo a importancia das relacións con Ucraína, EEUU e os seus aliados en Europa fixeron todo o posible para evitar contactos co presidente ucraíno encumbrando ao ministro de relacións exteriores coma o máis alto representante nas relacións de Ucraína con Occidente.
A importancia crítica para a seguridade europea de Ucraína xunto con outros países situados ao Leste da nova Alianza foi subliñada polo embaixador de EEUU ante a ONU, Nicholas Burns, quen disertou o 14 de xaneiro diante de expertos norteamericanos na Universidade John Hopkins, en Washington. Na súa intervención recoñeceu que ningún deses países ten oportunidades reais para acceder á condición de membro da Alianza nun futuro próximo.
EEUU cree que o presidente Kuchma aprobou a venda dos sistemas antiradar a Iraq, e por iso frenou a colaboración entre Ucraína e a Alianza. "Non constatamos posibilidades para elevar as relacións da OTAN con Ucraína a un novo nivel, darlles un novo status, mentres Ucraína trate irresponsablemente a súa propia política de exportacións de armamento a un país que é un dos principais violadores da estabilidade en Oriente Medio", afirmou o embaixador sen descartar a esperanza de poder traballar con Ucraína para adaptala ás normas de cooperación co fin de mantela estabilidade en Europa.
A estabilidade (para Occidente) aparece cada vez máis como a maior prioridade nas relacións con Ucraína e o obxectivo é non deixar que o curso dos acontecementos se transforme nun perigo para a seguridade de Europa Occidental. Unha estabilidade que para Ucraína se traduce en inercia se non estancamento, precariedade no desenvolvemento económico e social, e favorecemento da corrupción en nome da democracia.