Víctimas da indiferencia

Lamentablemente, de pouco vale horrorizarse agora. A matanza de Racak, un espectáculo desgarrador, é un paso máis nesa escalada de violencia que azouta os Balcáns dende hai oito anos. Pero tamén é o inevitable resultado da suma de tantas indiferencias ante a violencia cotiá exercida principalmente polas tropas de Belgrado: francotiradores, secuestros, destrucción de vivendas… Unhas veces indiscriminada, como en Racak; outras claramente selectiva como o recente asasinato de Enver Maloku, director do periódico kosovar KIC. ¿Cando se quebrará a tibieza e indiferencia da comunidade internacional ante os crimes de Milosevic? A reacción da OTAN é tan insuficiente que provoca arrepío, pero o clamoroso silencio da sociedade civil desta Europa cegada polos destellos do euro participa dunha idéntica ambigüidade.