Fonte: https://www.leah-foundation.org/

Vítimas vivas do xihadismo: o caso de Leah Sharibu

9 de febrero de 2021. Estado de Yobe (Nixeria). A filial do Daesh na rexión, Wilāyat Gharb Ifrīqīyyah (Provincia da África occidental), secuestrou a 110 meniñas que recibían formación na Escola Técnica e Científica de Meniñas do Gobierno, na localidade de Dapchi. Cinco das menores morreron durante o secuestro. Outras 104 foron entregadas aos seus familiares en marzo do 2018. Outra meniña, non tivo tanta sorte. ¿Cal foi o motivo? A súa negativa a rexeitar a fe cristiana que profesaba e converterse ao islam. Seu nome é Leah Sharibu, nada o 14 de maio do 2003. Fai escasas semanas cumpriu 22 anos, sete deles en cautividade.
Apartados xeográficos África
Palabras chave xihadismo

A prensa difundiu, en xaneiro do 2020 que a rapaza dera a luz a unha criatura, filla dun comandante xihadista, sinalando que Leah Sharibu «converterase» ao islam, antes de «casar» co terrorista. No mes de marzo do 2021, cando xa se cumplirán máis de tres anos do secuestro, informouse de que antes do fin do 2020 Leah Sharibu voltara a a ser nai.

Informes datados no ano 2023 da organización caritativa católica «Ayuda a la Iglesia Necesitada» recollían as testemuñas de cinco persoas que estiveron secuestradas polos xihadistas os cales dicían haber visto a Leah Sharibu antes de ser liberados en febreiro do 2023. Según eles, Leah estaba acompañada por Alice Ngaddah, enfermeira cristiana secuestrada tamén polos xihadistas o 1 de marzo do 2018, tan só dúas semanas despois do secuestro de Leah. Alice traballaba nun campamento de desprazados internos perto de Rann, no estado nixeriano de Borno. As testemuñas tamén sinalaron que aló polo abril do 2023 Leah dera a luz ao seu terceiro fillo.

En maio do 2024, coincidindo con aniversario de Leah Sharibu, o pastor cristiano nixeriano Dr. Gideon Para-Mallam, presidente da Fundación para a Paz Gideon e Funmi Para-Mallam, e próximo a familia da rapaza, declarou: «É extremadamente decepcionante e desgarrador que seis anos despois sigamos falando de Leah en cautiverio. Leah xa debería ter sido liberada, pero eiquí seguimos… sen ela. En certo sentido, un realmente debe preguntarse, ¿non está toda a nación de Nixeria en cautiverio?».

Para-Mallam, afirmou tamén: «Tódalas nenas secuestradas convertíronse ao islam, pero a nena cristiana Leah Sharibu decidiu non converterse, permanencendo fiel a súa crenza cristiá. A súa liberdade de relixión e de crenzas foi violada e sigue en cautiverio pola súa fe cristiana».

Algunhas fontes apuntan a que Leah esta retida na rexión de Bosso, na veciña República de Níxer, unha comunidade rural nunha extensa zona ao longo a fronteira norte nixeriana. Para Philip Dimka, psicólogo clínico e terapeuta de trauma que traballa con persoas afectadas por conflitos no cetro-norde de Nixeria, pasar sete anos secuestrada pode afectar gravemente a saúde mental e ao desenvolvemento da identidade e dunha moza: «a esa idade o cautiverio é profundamente perxudicial. Ë unha etapa crucial do crecemento. Ser forzado a un novo entorno pode provocar illamento, confusión e unha crise de identidade. O estrés prolongado, especialmente o abuso, pode provocar un trauma complexo ou transtorno de estrés postraumático. O cerebro está en desenvolvemento e o medo constante pode interrumpir ese proceso».

Philip Dimka tamén apuntou a unha posible consecuencia: a síndrome de Estocolmo. Neste estadio, no que os secuestrados forman vínculos emocionais cos seus captadores. «Non se trata de amor nin lealdade trátase de medo e impotencia. A mente, a miúdo de forma subconsciente, atopa maneiras de adaptarse e crear unha sensación de estabilidade».

Donald Sharibu, dous anos máis novo que Leah, recorda o desexo de súa irma por converterse en médica: «Non se trataba só de estudar medicina. Gustáballe axudar á xente. Sempre se ofrecía a axudar coas tarefas, os quefaceres escolares, o que fose.».

A familia de Leah recordou seu 22 aniversario nunha oración silenciosa. Donald afirma que seus país están mellor agora e que rezan por ela tódolos días. «Temos esperanza de que regrese, non nos renderemos».

Xa que os homes non o fan, ogallá, un Deus, calquera que sexa, que escoitase as pregarias desta familia.