Xordania na era do terror

Apartados xeográficos Oriente Médio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Atentado hotel Days Inn, clic para aumentar
Nos atentados de Ammán se utilizaron móbiles similares ao realizado no balneario exipcio de Sharm el Sheikh, en agosto pasado. Ambos lugares eran frecuentados por turistas israelís, polo que se cumpría o primeiro dos obxectivos. Do mesmo xeito, os atentados golpearon ao sector turístico, que constitúe probablemente a principal fonte de ingresos para os gobernos xordano e exipcio. Finalmente, ambos gobernos son os dous únicos Estados do mundo árabe que recoñecen oficialmente a Israel, ademais das súas alianzas con Washington, polo que estas dúas condicións lles imprimía un carácter especial para Zarqawi. (Foto: Aspecto do hotel Days Inn, en Ammán, tras o atentado do 9 de novembro de 2005).
 

O atentado terrorista contra unha cadea de hoteis en Ammán, con saldo preliminar de 70 mortos e mais de 300 feridos, corresponde a unha táctica empregada pola organización Al Qaeda, con dúas claras direccións: golpear obxectivos israelís dentro de países que recoñezan a existencia do Estado de Israel; e manifestar unha dirección mais descentralizada dentro da organización terrorista, dividida en células horizontais.

Neste sentido, os principais focos de atención se centran na figura de Abu Musab Zarqawi, o fuxitivo líder de Al Qaeda en Iraq. Debido á súa orixe xordana, Zarqawi viña sendo solicitado polas autoridades de Ammán para ser xulgado no seu país por actividades terroristas. Así como a orixe saudita de Osama ben Laden crea preocupación dentro da monarquía de Al Saud, a actuación de Zarqawi na veciña Iraq significaba un elemento de desestabilización para a monarquía hachemita de Abdallah II. Tanto Osama como Zarqawi xa manifestaran o seu desexo de acabar coas monarquías dos seus países natais.

Nos atentados de Ammán se utilizaron móbiles similares ao realizado no balneario exipcio de Sharm el Sheikh, en agosto pasado. Ambos lugares eran frecuentados por turistas israelís, polo que se cumpría o primeiro dos obxectivos. Do mesmo xeito, os atentados golpearon ao sector turístico, que constitúe probablemente a principal fonte de ingresos para os gobernos xordano e exipcio. Finalmente, ambos gobernos son os dous únicos Estados do mundo árabe que recoñecen oficialmente a Israel, ademais das súas alianzas con Washington, polo que estas dúas condicións lles imprimía un carácter especial para Zarqawi.

A consecuencia, a estrutura de Al Qaeda parece bifurcarse en dúas ramas: a dirección aínda centralizada en torno a Osama ben Laden e o exipcio Aywan al Zawahiri, mantén a súa estrutura enfocada nos atentados contra obxectivos occidentais, especialmente estadounidenses e británicos. A segunda rama, probablemente con actuación independente da célula central, semella ser manexada por Zarqawi, e apunta mais a realizar atentados dentro de países musulmáns e contra obxectivos israelís, a través da activación de novos grupos terroristas, con capacidade para desmobilizarse con facilidade.

Os atentados contra entidades financeiras israelís e británicas en Istambul no 2003, tamén foron un exemplo neste sentido. En 1949, Turquía foi o primeiro Estado do mundo islámico en recoñecer a Israel e a cooperación militar turco-israelí, reforzada desde 1996, outorgaba un escenario propicio para os "yihadistas". Ese atentado foi reivindicado por un grupo descoñecido ata ese momento, pero as posteriores investigacións derivaron nunha "conexión iraquí" dentro de Turquía.

Polo tanto, a rede de Zarqawi acaba de completar contundentes atentados nos tres países do mundo musulmán que recoñecen a Israel: Turquía, Exipto e Xordania. Do mesmo xeito, aínda que non existan vencellos directos entre un acontecemento e outro, a condena das autoridades xordanas contra seis "yihadistas" dese país polos atentados contra obxectivos militares estadounidenses na península de Aqaba, ocorreu poucas horas antes do atentado de Ammán. Simbolicamente, isto reflectiu nun sentimento de vinganza para os terroristas.

O atentado de Ammán ocorre tamén días despois das provocativas palabras do presidente iraniano Mahmud Ahmadíneyad, pedindo aos musulmáns "borrar a Israel do mapa". Estas palabras proveñen do principal inimigo israelí en Oriente Medio, aínda que funcionarios en Teherán se apresuraran a baixar a retórica anti-israelí. Se ben non semella probable unha "conexión iraniana" nos atentados xordanos, é posible unha colaboración de determinados elementos vía organizacións como a palestina Yihad Islámica, cunha vinculación con Irán que é notoria. Xordania posúe unha considerable comunidade de refuxiados palestinos e esta situación puido fortalecer a acción dos terroristas.

Xordania semellaba á marxe da convulsión en Oriente Medio, como o fora o Líbano antes do asasinato do primeiro ministro Rafik Hariri en febreiro pasado. Pero a situación muda agora, cun país comprometido cos procesos de paz rexionais, especialmente o palestino-israelí. A indefinición dos mecanismos de paz e o cargado clima bélico rexional (Iraq, Siria, Irán, Palestina) foi outro elemento aproveitado pola rede de Zarqawi no atentado de Ammán. Era o escenario que faltaba nos cálculos de Al Qaeda.