Mulleres na Diáspora: as gardiás da nosa morriña
Cada ano ao chegar o día 8 de marzo, as redes e os medios de comunicación van dando maior e mellor visibilidade á muller en todos os ámbitos da súa vida. Isto, lamentablemente non foi sempre así. As mulleres tiveron un lugar marxinal nas narracións históricas das migracións, que prevaleceron até hai unhas décadas atrás en relatos masculinizados de valía e heroísmo.