Outros : Apartado xeográfico

Artigos de opinião e análise de uma área geográfica indefinida e um tema disperso

A ONU marca obxectivos, obvia medios

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO

A "Cimeira do milenio" era a definitiva proba para o desexado cambio de rumbo da ONU. Xa por evolución…, xa por revolución. A máis grande concentración de dirixentes mundiais da historia, precedida poucos días antes de Cimeiras de relixiosos, presidentes de parlamentos, ONGs e de empresas privadas co mesmo programa á abordar…. debía marcar os …

A ONU marca obxectivos, obvia medios Read More »

Discursos e petróleo

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO

Os 150 xefes de goberno e presidentes, despois de tres días reunidos no cumio do Milenio, regresaron aos seus países de orixe. Todo foron boas palabras: reducir a pobreza, protexer o medio ambiente e asegurar a paz. Nada máis. O mesmoKofi Annan tivo que pedir feitos e non retórica. Os dirixentes gobernamentais, nomeadamente os europeos, …

Discursos e petróleo Read More »

Milenio de boas vontades

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO

Máis de cen líderes de todo o mundo reunense no Cumio do Milenio das Nacións Unidas que comeza o día 6 de setembro en New York para analizar o papel que a ONU debe desempeñar no século XXI. Segundo a propia organización, o cambio de século representa "un momento único e significativo para artellar e …

Milenio de boas vontades Read More »

A última perversión

Apartados xeográficos ARQUIVO Outros

A sucesión do dirixente sirio Hafez al-Assad, tanto no Partido, o Baas, de orientación socialista dende o seu V Congreso de 1971, como no Estado, resolveuse pola vía da aceptación unánime do seu fillo, Bashar. Con anterioridade, en Corea do Norte, Kim Jong Il sucedeu tamén a seu pai, o líder supremo Kim Il Sung, …

A última perversión Read More »

Versión reducida da “guerra das galaxias”

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO

Dúas décadas despois de que Ronald Reagan anunciase o seu ambicioso plano de defensa antimísiles coñecido como "guerra das galaxias" a administración norteamericana volve a presentar un proxecto, moito menos presuntuoso, de Defensa Nacional de Mísiles (NMD) que pode desencadear, unha década despois da desintegración da URSS, unha nova carreira de armamentos. A comezos dos …

Versión reducida da “guerra das galaxias” Read More »

O humanitario

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO

Inseparable do auxe dos dereitos humanos, o humanitario é un deses conceptos novos, ou renovados (globalización, nova economía, pensamento único, etc) que forman parte do vocabulario da post-guerra fría, a pesares dos anos transcorridos, época aínda de transición cara un mundo de perfil indefinido, inicialmente unipolar pero quizáis multipolar. O humanitario é un concepto complexo, …

O humanitario Read More »

Unha cooperación en retroceso

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO

A Unión Europea (UE) e os seus Estados membros constitúen o primeiro doador mundial de axuda ó desenvolvemento. Dende a última ampliación (1995), o volume de recursos oficiais (AOD) destinados a esta finalidade supera a metade do total contemplado polo conxunto de países doadores (CAD). Sen embargo, unha somera aproximación a esta realidade, en apariencia …

Unha cooperación en retroceso Read More »

Volve o 1º de Maio

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO

A primeira celebración do día dos traballadores do novo milenio foi un claro exemplo dos confusos tempos actuais, da violencia desesperanzada, mais tamén da forxa de novas esperanzas entre a esquerda social e o movemento obreiro internacional. O Papa convertido en líder sindical; Castro aclamado polas rúas de La Habana como nos mellores anos sesenta; …

Volve o 1º de Maio Read More »

Entre o G-7 e o G-77

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO

A semana pasada exemplificouse a dialéctica do sistema, en dúas reunións paralelas: a do G-7, en Washington, na que os países ricos confirmaron as súas optimistas previsións sobre a marcha da economía mundial, e a do G-77, en La Habana, onde os países pobres reclamaron unha mellor distribución das oportunidades e a condonación da débeda …

Entre o G-7 e o G-77 Read More »

Tempo de calamidades

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO

A situación de emerxencia declarada en Mozambique como consecuencia dos efectos das inundacións provocadas polo desbordamento do río Save nas provincias de Inhambane e Gaza, precipitanos nunha nova catástrofe humanitaria. Antes foi o furacán Mitch en Centroamérica, logo o terremoto en Colombia, despois Venezuela, tamén con inundacións, ¿e mañá?… Aos devastadores efectos das calamidades naturais …

Tempo de calamidades Read More »