Barro, Teresa

Barro Muñoz-Ortiz, María Teresa

Nada na Coruña o 8 de marzo de 1936, é unha tradutora e escritora galega afincada no Reino Unido. Membro fundadora do Grupo de Traballo Galego de Londres, ten colaborado con distintas publicacións galegas, como Grial, A Nosa Terra ou Nós Diario, así como nos programas de radio da BBC. En 1980 obtivo o certificado da Faculty of the Astrological Studies de Londres.


Artigos de Barro Muñoz-Ortiz, María Teresa

Fonte: Mark Jones (2017) Creative Commons Attribution 2.0

Harry e Meghan

Apartados xeográficos Europa
Harry e Meghan encaixan perfeitamente nesa ¨cultura da ofensa¨ que tanto prosperou nos últimos tempos e que da direito a ¨cancelar¨ ou suprimir todo o que os novos puritanos non queren que exista. Encaixan tamén na moda de non dar importancia á verdade e sustituila pola ¨verdade¨ que cada un sinte e conta á sua maneira.
Fonte; Creative Commons

A Raíña Isabel

Apartados xeográficos Europa
A morte da raíña Isabel veu ao final dun vrao de cambios vertixinosos na vida e na política do Reino Unido, cando non se sabía o que acontecería dun día para outro e todo eran surpresas. Foi como unha película chea de acción e emoción que empezou cando botaron fora ao Primeiro Ministro por trapaceiro e houbo que escoller o remplazo. Pero, no medio da turbulencia e o futuro incerto, a figura da raíña permanecía fora da política, emanando orde e estabilidade. Os británicos sentíanse protexidos por aquela muller cumplidora do deber e fiel ao seu país nos moitos anos nos que vira desde a Segunda Guerra Mundial até e perda do imperio e a criación do Commonwealth.

Os beneficiarios do neoliberalismo

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
A reforma económica formulaba unha procura da eficiencia. En realidade, ollamos como prexudica os consumidores e beneficia a oligarquías cada vez máis íntimas. A "reforma económica" que tornou obrigatoria no mundo enteiro apresentouse como a única maneira racional de actuar para correxir a "rixidez" do sistema anterior. Había que libertar as enerxías esganadas polo Estado …

Barro Muñoz-Ortiz, María Teresa Read More »

Podemos quedar ás escuras

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Estase repetindo mais cada vez ese fenómeno, que parece de atraso, dos tempos da guerra ou da fame, que é o de quedar ás escuras, pero agora o fenómeno está xa globalizado e en vez de afectar a un lugar mais ou menos pequeno, pode afectar a varios países, como sucedeu cando quedaron ás escuras …

Barro Muñoz-Ortiz, María Teresa Read More »

Cancún, punto e á parte

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
O fracaso das negociacións de Cancún é un sinal mais, dos moitos que xa está habendo, de que a ideoloxía do libre mercado e do sistema multilateral que desde hai duas décadas impera no mundo se está deslustrando. Tan forte foi a pegada desa ideoloxía que semellaba case imposíbel que non durase para sempre. Agora …

Barro Muñoz-Ortiz, María Teresa Read More »