foto Adelaaa Fdez Cruz

Fernández Cruz, Adela

Galega de orixe. Feminista abolicionista. Psicóloga social con perspectiva de xénero. Facultade de Psicoloxía (UBA). Escuela Argentina de Psicología Social. Lic. Juana Vinokut. Primera Escuela Privada de Psicología Social Enrique Pichon-Rivière Diplomada en Xénero e Sociedade. Posgrado en Emerxencias Psicosociais para situacións de catástrofe e angustia pública. Posgrado en Psicoloxía Social Clínica. Integrante do equipo de Emergencias Psicosociales Asociación Civil EPS do Centro de Altos Estudios en Psicología Social (CAEPS). Membra da Asociación de Psicoloxía Social Clínica Arxentina. Docente de informática. Gaiteira. Mestra de canto popular e pandeireta.


Artigos de Fernández Cruz, Adela

Discurso de Francisco “Paco” Lores, expresidente da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina na praza Castelao na cidade de Buenos Aires fronte ao busto do guieiro colocado no ano 1971.

Especial Ano Castelao (X) A loita silenciada na memoria da colectividade

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Observatório das Diásporas
Castelao chegou a Bos Aires no 1940, despois de pasar polo exilio en Nova York e A Habana. Aquí converteuse na voz máis recoñecida do galeguismo republicano no desterro e no guía moral da emigración galega. Mais as súas ideas non cadraban coas máis cómodas dunha parte da colectividade. Mentres el soñaba cunha Galiza libre, con dereitos políticos propios, moitas asociacións preferían dedicarse á preservación cultural e ao auxilio mutuo, sen se meter coa orde imposta. Así, malia ser a figura galega máis universal do século XX, en Bos Aires quedou nun limbo tras o seu pasamento á inmortalidade: querido polos sectores populares e militantes, mais ignorado nos espazos oficiais.