daniel

González Palau, Daniel

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre outros moitos traballos arredor da paradiplomacia rexional e local galega. Desde o 2014 é o responsable da investigación «Unha historia para o S. XXI» arredor do desenvolvemento da Lei Paz Andrade en Galiza, dpalau@igadi.gal


Artigos de González Palau, Daniel

Pontevedra e a acción exterior de Galicia

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
A historia de Galicia, principalmente determinada neste sentido pola nosa posición xeográfica, foi de sempre unha historia conectada ao mundo de maneira intensa. Especialmente desde o mar e as rutas marítimas globais, das orixinarias ás actuais. Nesa vibrante aventura de conectividade internacional de Galicia, Pontevedra terá o seu momento de máxima exposición coa aparición da …

González Palau, Daniel Read More »

Un compromiso fundacional en tempos de pandemia

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
O compromiso coa lingua galega é un trazo fundacional do IGADI que vivenciei desde o primeiro día que entrei pola súa porta, na sede histórica de Baiona no ano 2009. O motivo dese empeño do IGADI, de 29 anos xa (1991-2020), ten dúas razóns esenciais. Primeiro, se o galego é a nosa lingua e un …

González Palau, Daniel Read More »

A globalización china en Galicia

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
En Galicia o monopolio mediático caricaturizado do Humor Amarelo arredor da imaxe chinesa en Europa, contrastou coa obra de Xulio Ríos arredor do mundo chinés xa desde os inicios dos anos 90, que alumea unha composición do planeta e da realidade da globalización como fenómeno universal, que axuda a interpretar o que acontece hoxe neste …

González Palau, Daniel Read More »

Próxima estación? A Universidade na acción exterior de Galicia

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
“To the Next Station” é un libro coordinado polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Benigno Fernández Salgado, e a docente da Facultade de Filoloxía e Tradución, María José Corvo, da Universidade de Vigo, que apareceu editado en inglés desde Berlín no ano 2018, froito do desexo explícito na suxerente introdución do …

González Palau, Daniel Read More »

Galicia e a lusofonía na década dos 20

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
No ano 2019 cumpríronse cinco anos da aprobación por unanimidade no Parlamento da Lei de aproveitamentos dos vínculos co portugués e a lusofonía, realmente coñecida coma Lei Paz Andrade (2014). A Lei, filla dunha iniciativa cidadá impulsada polo movemento reintegracionista, acabou por levar o nome da Iniciativa e do ensaísta e empresario, Valentín Paz Andrade, …

González Palau, Daniel Read More »

A acción exterior do Goberno Feijoo e a nova normalidade (2009-2020)

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
A nova normalidade transformará o marco de acción das políticas públicas a nivel local e internacional, acelerando a reconversións ambiental e dixital en curso. Desde esta premisa e no contexto das próximas eleccións autonómicas de xullo do 2020, o fortísimo impacto nos sistemas de saúde e seguridade social augura mudanzas na redefinición das políticas públicas …

González Palau, Daniel Read More »

5 Perspectivas para 2020

Apartados xeográficos Outros
Como cada ano saíu o IGADI Annual Report 2019-2020, o informe anual de relacións internacionais e política global do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, este ano titulado: “Da guerra comercial á Covid19”. No documento identifícanse cinco perspectivas coas que seguirlle a pista ao atribulado ano global en curso.

2020: Sociedade de risco global e incerteza radical

Apartados xeográficos Outros
Cando a mediados de marzo en Europa estabamos xa confinados e o Presidente Bolsonaro identificaba o Covid19, cun acentuado retraso, coma unha “gripezinha”, o crime organizado dos barrios periféricos de São Paulo realizou un chamamento público ao confinamento, asegurando tanto os servizos básicos coma as medidas de coerción e represión no seu territorio.