daniel

González Palau, Daniel

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre outros moitos traballos arredor da paradiplomacia rexional e local galega. Desde o 2014 é o responsable da investigación «Unha historia para o S. XXI» arredor do desenvolvemento da Lei Paz Andrade en Galiza, dpalau@igadi.gal


Artigos de González Palau, Daniel

www.cidadedacultura.gal

A Cidade da Cultura no mundo do futuro?

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Parece existir un consenso público e subterráneo, sobre o fracaso até o de agora, do proxecto da Cidade da Cultura. Desde a obra concibida por Peter Eisenman, para o concurso de 1999 no que saíu gañador, pasaron moitas cousas e case ningunha boa, excepto que por fin o pasado 9 de outubro do 2021 declarouse o final das obras, por agora...

Ayuso e a acción exterior das comunidades autónomas

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Na definición do goberno da Comunidade de Madrid de Isabel D. Ayuso, Toni Cantó foi designado coma Xefe da Oficina do Español, que a Comunidade creará cando menos para os próximos dous anos. Na nota de presentación da decisión apelábase ao poder global da lingua española e aos valores engadidos do mesmo para o posicionamento …

González Palau, Daniel Read More »

Unha Historia para o S.XXI: Do Acordo Ortográfico á entrada de España na CPLP

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
No ano 2012 un grupo de activistas reintegracionistas e a Academia Galega da Lingua Portuguesa (nacida formalmente en 2008) decidiron promover unha iniciativa lexislativa popular para promover a lusofonía en Galicia. Seis meses despois conseguiran 17.000 sinaturas e despois de distintas fases de negociación cos grupos políticos presentes na altura no Parlamento, aprobouse por unanimidade …

González Palau, Daniel Read More »

Novos tempos para a acción exterior de Galicia

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
De maneira anual desde o ano 2010 o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) edita o Informe Nós No Mundo, coma publicación periódica de seguimento da acción exterior de Galicia. Na edición deste ano, a duodécima, a moi recente aprobación da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da …

González Palau, Daniel Read More »

Pespectivas para 2021: Nova normalidade e sociedade de risco global

Apartados xeográficos Outros
Como cada ano saíu o noso anuario de relacións internacionais e política global, o IGADI Annual Report 2020-2021, nesta edición titulado: “Nova normalidade e sociedade de risco global”. O informe repasa polo miúdo os acontecementos do ano 2020, determinados polos impactos da Covid-19 na sociedade internacional, así coma o inicio dun 2021 con fortes problemas …

González Palau, Daniel Read More »

Tempo Exterior

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Se co fin da Guerra Fría nacía en Galicia o IGADI (1991) coma centro de estudos internacionais, no 1997 editábase o primeiro Tempo Exterior en liña coa misión central da entidade: a promoción da nosa presenza internacional e a comprensión do mundo desde aquí. Naquela primeira etapa en páxinas amarelas e DIN A4 grampados, impresos …

González Palau, Daniel Read More »

Aquí e agora

Apartados xeográficos Outros
Irán a por ti é unha novela do xornalista Félix Soria que saíu a comezos do especialísimo 2020 publicada por Medulia Editorial. É unha novela de personaxes, principalmente xóvenes, en convivencia, cooperación e conflito no contexto do final do franquismo e a loita pola democracia de comezos dos anos 70. A historia que vincula as …

González Palau, Daniel Read More »